Tribuna Viva
21 de Marzo. Día Forestal Mundial
Anova-Irmandade Nacionalista, diante da celebración o 21 de Marzo, do Dia Forestal Mundial, tamén institucionalizado como Fésta da Árbore, quere facer un chamamento a todolos sectores socio-económicos do País, para esixir da Xunta de Galiza unha modificación rotunda da súa conducta forestalista ligada exclusivamente ao pairo das especies de medrío rápido, sen ademáis ter posto medida algunha para o control da propagación da especie eucalipto nas mellores terras, agravada coa presenza de pragas e enfermidades que se extenden sobre dita especie e que dá lugar a intervencións agresivas para o medio ambiente.
A carencia dún plano de ordenamento do monte galego, dos recursos productivos, dunha estratexia de futuro, conleva a perda de oportunidades para os propietarios e comunidades de montes, non garantindo a sostenibilidade e por engádega, as posibilidades de desenvolver un tecido que xenere emprego no medio rural.
Solicitamos da Xunta de Galiza, un troco da política seguidista implantada polo franquismo e a apertura con carácter de urxencia dunha liña de actuación consensuada no Consello Forestal de Galiza, para deseñar un Plano para Monte Galego integrado dentro da política agraria, tendo en conta os diferentes usos e as tendencias a nível Nacional e mundial, en canto a demandas competitivas e socialmente asumibles.
O dia 21 de Marzo, debe de servir para algo máis que facer a foto con escolares nunha prantación, senón que debe de ser motivo de fonda reflexión da situación do monte galego.
Anova-Irmandade Nacionalista