Marta Rodríguez Engroba
Delito ou anécdota? Depende quen o cometa
A orde de afastamento dictada por un xuiz de Lugo para un rapaz de catorce anos da súa ex noiva de tan só trece por mor das ameazas de morte enviadas a través de whatsapp foi o tema estrela durante toda a semana.
Os medios de comunicación non soamente deron cumprida información, mesmo rozando perigosamente nalgún caso o límite da protección da intimidade de ambos menores, sobre este feito, senón que o analizaron e recolleron, como non podía ser menos, a opinión de personas que se supón son dun ou outro xeito autoridades na materia, e aquí comeza a miña… non sei nin como definilo: indignación, asombro….non sei, tal vez unha mestura de todo.
E certo que o evidente repunte da violencia machista entre os mais novos é algo mais que alarmante, e neso concordo con todas estas personas. É urxente acadar unha solución, tamén iso é obvio.
Pero a todas estas personas, eu, que traballo xunto co meu equipo, cada día con vítimas de violencia de xénero, e comparto, porén, a súa dor, o seu pánico, lles traslado as siguintes cuestións.
A primeira, que queda moi ben, diante dunha cámara ou dun micrófono, racharse as vestiduras e demonizar a este rapaz, que, poño por diante, non ten desculpa, que ninguén me entenda mal. Se alguien é intransixente en canto a violencia de xénero, esa son eu, e o saben cantos me coñecen. Pero, é que ninguén se decatou de que este rapaz, o mesmo que tantos outros que non chegan a trascender publicamente, non está senón a reproducir as condutas que a sociedade, o seu entorno, lle ensinou que son normais?.
Como lle podes reprochar a un rapaz que maltrate, que acose, cando ve cada día que entre a xente adulta estos delitos se cometen case con total impunidade e ninguén di nada e mesmo se mira a outro lado?.
Por outra banda, e podo asegurar que falo con coñecemento de causa, as ameazas vía whatsapp, tal como acontece neste caso, é algo moi recurrente nos casos de maltrato en idades adultas….e, o que é a vida, nun nada desprezable número de casos, a policía, os xuices, malia evidenciar perigo para a vítima, minimizan a súa importancia, e mesmo chegan a calificalo de "cousas de parella", polo cal, e impensable que concedan unha orde de afastamento ata que se produza, como mínimo, unha agresión física en toda regra.
Unha vez mais, xurden diferentes variñas de medir… segundo conveña.
Así as cousas, e tentando, unha vez máis, conter a miña indignación, eu diríalle a toda esta xente que estaría ben que deixasen xa dunha vez por todas de predicar e foran pensando en comezar a dar trigo, e que, en vez de aproveitar algo tan lamentable para ter o seu minuto de gloria, se conciencen de que primeiro, antes de culpabilizar os máis novos, temos que educarnos nós, e que non se pode tentar convertir, con tanto descaro, o que é delito para uns, en anécdota para outros, e menos ainda se falamos de vidas.