Tribuna Viva
D.E.P Cotobade e D.E.P Cerdedo
Dende a plataforma non á fusión Cerdedo- Cotobade queremos facer saber que vamos a seguir ao pé do cañón, isto inda non acabou.
Vamos a ir recordándolle a Jorge Cubela, presidente da xestora, todo o que prometeu.
Temos a conciencia moi tranquila, pois fixemos todo o posible por frear este atentado á democracia. Non como outros que atropelaron aos veciños e menosprezaron as máis de 1.100 alegacións, en contra da fusión, presentadas polos veciños de Cotobade.
Mal empezan pois prometeron unha consulta popular que nunca chegou. Primeira promesa incumplida.
Prometeron que non era necesario facer unha auditoría dos concellos, pois a situación económica de ambos era boa, e hoxe coñecese que Cerdedo só aporta débedas ao novo concello, unha débeda de, nada máis e nada menos, 540.000 euros. Segunda promesa incumplida.
Levamos só 4 días de Cerdedo- Cotobade e xa se acumulan promesas incumplidas.
Moito nos tememos que vamos a correr a mesma sorte que Oza-Cesuras...
O tempo pon a cada un no seu lugar polo que estamos convecidos de que máis pronto que tarde, desgraciadamente, daranos a razón, pero xa será tarde.
Lamentamos profundamente a perda dos nosos queridos Cotobade e Cerdedo. Nós nunca seremos de Cerdedo-Cotobade, xa que é un concello que nace de mentiras, manipulacións e do atropelo dos defeitos dos veciños, e ten como bandeira o caciquismo máis rancio.
Por último, queremos recordarlle as duas persoas responsables deste atentado que esta fusión por moito que digan que é voluntaria non o é, posto que aos veciños non se nos preguntou nen nos tiveron en conta en ningún momento. É máis o señor Jorge Cubela adicouse a buscar firmas de apoio á fusión casa por casa e o resultado foi tan nefasto que non se atreveu a ensinalas publicamente, queda demostrado o por qué de non facer a consulta.
En conclusión, o máis triste é que el é consciente de que non ten o apoio dos veciños pero inda así antepón a seu crecemento político ao benestar dos seus veciños, qué lle prometeron? Pronto o descubriremos...
Plataforma non á fusión Cerdedo-Cotobade