Tribuna Viva
75 aniversario do Pontevedra CF
Onte asistín ao Teatro Principal , celebrouse a primeira charla coloquio con motivo do 75 aniversario do Pontevedra C.F.
Interviñeron Tito Estévez (ascenso 1960), Rafael Ceresuela e Eduardo Calleja (ascenso 1963 e Haiqueroelo), Luís Rivas (ascenso 1976), Milucho (ascenso 1984), Aurelio Gay (adestrador no ascenso de 2004) e Guadalupe Murillo (Presidenta no ascenso de 2015) , o moderador desta charla foi Xabi Fortes .
Alí fóronse debullando o acontecido por cada un deles nas súas etapas de xogadores ou de adestradores .
Do que se comentou alí, quedo con dúas cousas, unha delas o momento máis emotivo da noite cando Milucho lembraba a Héctor Rial, de como nunha época que o Pontevedra C.F. estaba a pasalo moi mal e os seus xogadores e empregados levaban cinco meses sen cobrar, o míster Hector Rial chama a Milucho e entrégalle un sobre cun millón de pesetas.
Milucho queda sorprendido e pregúntalle ao míster que quere que faga con tanto diñeiro, pono no vestiario e que cada compañeiro teu colla o que necesite, contestoulle o míster, cando Milucho estaba a relatarnos ese momento e o de que Hector foi enterrado como pediu él (coa camiseta do Pontevedra C.F.) viñéronselle as bágoas.
Pero tamén teño que comentar o que Milucho non dixo ao público, tamén el nun deses momentos delicados do club puxo do seu peto 200.000 pesetas que tiña aforradas para pagar por exemplo o autobús que desprazaba ao equipo cando xogaba fóra.
Milucho falando comigo e con Chelo Besada dicíanos do interese por volver ver de novo a un afeccionado do Pontevedra que nun deses momentos delicados do club chegou xunto aos xogadores e entregoulle un talón por valor de vinte e cinco mil pesetas, os xogadores non llo admitiron, sabedores de que sería o seu soldo seguramente e que el o necesitaría para a súa familia.
Este afeccionado polo que o lembra se apellida Cancela (de oficio pintor) e vive por Combarro (por se algún de vós coñéceo) Milucho comentounos que ten moitas ganas de volvelo a ver e agradecerlle aquel detalle co persoal.
Pola miña banda dicir brevemente que foi unha ilusión enorme volver estar de novo despois de 37 anos con Milucho, a miña amizade con el vén de haber feito o servizo militar xuntos, e tamén emocionado o volver ver aos meus ídolos: Luís Rivas, Churruca e o meu gran amigo Milucho.
Para finalizar quería dar unha idea e gustaríame que o que lea isto dese a súa opinión e compartise este relato para que todo o mundo que o lea tamén participase.
Non me gusta o campo de Pasarón por fóra, non me gusta o cemento .
Gustaríame que estivese ese cemento cuberto coas figuras dos xogadores máis representativos do noso Club, ou cos nomes de todos os xogadores que desde hai 75 anos defenderon con honra e gloria a camiseta do Pontevedra C.F.
Juan José Esperón Recarey