Tribuna Viva
APMAEGAL: 'Mentiras encubertas'
A Asociación de Profesores de Música e Artes Escénicas de Galicia "APMAEGAL" denuncia que a Xunta de Galicia sigue coa súa campaña de recortes en Educación. Lonxe de notar a tan anunciada "recuperación económica", o sector da Educación segue a sufrir a política de recortes que xa se iniciou hai máis de catro anos.
Estes recortes fanse visibeis no aumento das ratios nas aulas e a merma do número de profesores en todos os ámbitos educativos. Sumado a unha política educativa nefasta, cunha LOMCE que priva aos estudantes de asignaturas claves no seu desenvolvemento cognitivo, afectivo, cultural, etc., coma son as asignaturas de humanidades e artes, amósase o desprezo absoluto das políticas do Partido Popular sobre temas que en outros países avanzados consideran Dereitos Constitucionáis, como así plasmou Suiza, incluíndo as ensinanzas musicáis como un dereito constitucional.
En España en xeral e en Galicia en particular, non só sufrimos o desprezo pola educación dos nosos fillos e fillas, senón o desprezo polas Leis Laborais xa que, por sexto ano consecutivo, a Xunta de Galicia está a aplicar unha Norma que vulnera a Lexislación vixente. Ningunha "Norma" sacada da manga por ningún goberno, incapaz de xestionar axeitadamente as políticas do país, pode saltarse a Lexislación en materia laboral.
Isto é o que ven facendo impunemente o goberno de Núñez Feijoo, permitindo o traspaso de profesores do corpo de Secundaria, que teñen aprobadas a súa oposición ao corpo de Secundaria, a os Conservatorios de Música, onde nin aprobaron a correspondente oposición nin entraron polas canles establecidas pola propia Administración para exercer no Corpo de Música e Artes Escénicas.
A ninguén se lle pasa pola cabeza que un funcionario que aprobara unha oposición a avogado do estado, por mor dos recortes do propio estado, se lle facilitase o acceso a unha praza na sanidade pública, polo simple feito de ter feita esa carreira, ainda sin exercer nunca nela ou pasar por unha oposición específica. Pero isto está a pasar en Educación, amosando a nula importancia que este sector ten para o goberno de Núñez Feijoo.
Esta situación levou a que nestes intres haxa interposta unha denuncia no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do cal se agarda sentenza.
Outro sinsentido é o comportamento da Valedora do Pobo, que dende hai meses deixou de informar sobre as sucesivas negativas do Conselleiro de Educación a dar resposta aos seus requerimentos. Negativas que foron tachadas no seu momento pola propia Valedora do Pobo como inadmisibles e de gravidade.