Tribuna Viva
Comunicado das Federacións de Asociacións de Veciños de Pontevedra
As Federacións de Asociacións de Veciños de Pontevedra: "Boa Vila", "Teucro" e "Castelao" informan o seguinte:
- Levamos anos reivindicando a confección dun Regulamento de Participación Cidadá que permita á veciñanza de Pontevedra participar nalgunhas das decisións que os dirixentes políticos deben tomar para o bo progreso e convivencia neste de todos Concello de Pontevedra, así como a necesidade de que os acordos acadados sexan vinculantes para ambas partes, veciñanza e dirixentes políticos….
- Sirva como exemplo do exposto no punto anterior o que sucede noutras localidades españolas, europeas e americanas que xa teñen, dende fai máis de 20 anos, os denominados "Presupostos Participativos", que non significan outra cousa máis que un tanto por cento ou unha cantidade dos presupostos totais anuais sexan os propios veciños e veciñas de cada unha das zonas de Pontevedra os que decidan –mediante procesos regulados na súa toma de decisión- en que, ou como, se invirten esa cantidade ou ese tanto por certo que lle correspondería.
- É certo que no mes de febreiro os grupos da oposición, que compoñen a maioría no Pleno Municipal, nos presentaron un documento que pretende suprir a carencia do documento en vigor, tan reivindicada polo movemento veciñal –documento que, por circunstancias, continúa en fase de estudo aínda que prácticamente rematado-.
Debido á importancia do asunto e o tempo transcorrido do inicio das nosas reivindicacións, por se alguén non se decata fai moitos anos, entendemos que o Regulamento de Participación Cidadá, non debe formar parte do debate político neste proceso electoral que "temos á volta da esquina".
Asinado: as/os presidentas/presidentes das Federacións de AA.VV.de Pontevedra