Tribuna Viva
Día Europeo de la sábana blanca
O día 7 de Abril, será o primeiro día contra a privatización sanitaria en Europa: o Día da Saba Branca.
A asistencia sanitaria universal facilítase na maioría das nacións e en moitos paises en desenvolvemento. Pero non todos os sistemas son iguais.
Poida que non exista o sistema perfecto, pero sabemos cal é o máis imperfecto: o privado, o que discrimina ao que non pode pagalo ou ten determinadas patoloxías
Con todo no noso país, conforme á Constitución Española, o Sistema Nacional de Saúde ten como obxectivo asegurar e posibilitar:
- A Universalidade.
- O financiamento público.
- Gratuidade no acceso.
- Calidade e seguridade nas súas prestacións.
Pois ben, nos últimos anos vimos mermados todos estes estándares. Derivando á sanidade privada, denegando o dereito á mesma a determinados colectivos sociais, discriminando á poboación no acceso a estes servizos.
A saúde é un estado perfecto de benestar físico, psíquico e social e non só a ausencia de enfermidade. Pero cando a enfermidade aparece, nós temos, o sistema, as instalacións e o mellor persoal.
Debemos loitar porque siga sendo así, obrigando aos poderes públicos a cumprir cunha SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE, DE TODOS E PARA TODOS.
O dia 7 de Abril de 2016 é o Día Europeo da saba branca.
Colabora: colga unha saba branca no teu balcón. Faille unha foto e cólgaa na rede.
Agrupación de profesionais da saude de Galicia (Prosagal)