Tribuna Viva
A Plataforma Veciñal Sanxenxo contra o desafiuzamento da Casa cultural de Vilalonga
A Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo (APVS) reuniuse o 18 de Abril de 2015 con representantes da Sociedade Cultural e Deportiva de Vilalonga. E o 5 de maio interpuxo unha instancia no Concello de Sanxenxo apoiando á devandita Cultural, por considerar un despropósito o desaloxo dun colectivo do noso concello que leva 36 anos celebrando eventos, festas, bailes, e actos culturais dos que se poden beneficiar actualmente os veciños da localidade.
Na xuntanza cos representantes da Sociedade Cultural de Vilalonga informáronnos que, debido a un desacordo entre o propietario do inmoble e o arrendatario (en este caso o Concello), hai pendiente unha conciliación xudicial nos próximos días que pode significar o desaloxo do citado inmoble.
No ano 2013, a Asociación Cultural e Deportiva de Vilalonga, chegou a un acordo verbal coa propiedade, ante testemuñas, por medio do cal dita asociación (entre fondos propios e subvencións), invertíu en obras e reformas uns 85.000 Euros, coa condición de que se prorrogase por 5 anos o aluguer do inmoble, a cal non cumpriron os propietarios.
O máis insólito disto é que os membros desta Sociedade Cultural se encontran desinformados e apartados do proceso xudicial en curso respecto ó arrendamento do Local Cultural, polo que solicitamos que o concello de Sanxenxo os informe e asesore xurídicamente, por ser parte interesada e perxudicada do proceso, do que depende a continuación ou non da súa actividade.
Por outra banda, queremos facer coñecedores a todos/as vecinos/as do concello, que o Valedor do Pobo, admitíu a trámite a nosa queixa contra o catastro, polo que comenzan as súas actuacións. Así nolo comunicou esta semana mediante un correo electrónico, no que nos informou da súa posta en contacto co concello de Sanxenxo para pedir os documentos que estiman necesarios, xa que consideran oportuna a súa actuación en defensión do art. 103.1 da Constitución Española.
Así mesmo, puxemos en coñecemento do Defensor del Pueblo esta actuación do Valedor do Pobo, e comezamos a enviarlle, de forma individual, os casos dos/as veciños/as que nos aportaron a documentación.
Facemos un chamamento a todas as persoas que se consideren afectadas pola nova ponencia de valores, para que nos fagan chegar a súa documentación para enviar ao Defensor del Pueblo. Poden poñerse en contacto con nós mediante o correo electrónico: plataformavecinalsanxenxo@
María del Carmen Camiña Vázquez
Presidenta APVS