Antón Roel Villanueva
Maios, Festa de interese turístico
“Xa canta o cuco no monte,
xa fai o merlo o seu niño,
xa arrecende o laranxeiro
maio, maiño benvido”
Velaí van os rillotes dos barrios e das parroquias cá primavera no lombo camiño da cidade para a Festa dos Maios naquel espazo vexetal feito de paus, fiuncho e flores vai historia, vai tradición, vai moito traballo para facer obras efímeras, vai etnografía e historia, tamén nosa língua, que se perdera na cidade e recollido donde inda resistía na aldea, nas xentes do campo, nos muíños, nas mulleres que viñan a veder mercadoría, nas leiterias, nos lavadorios dos ríos.
Tamén naquel recuncho vexetal collía poesía, retranca e crítica, e, sobor de todo, amor polas nosas tradicións máis populares e o traballo e esforzo dos rillotes por facer o Maio máis vistoso e non deixar esmorecer unha festa tradicional, herdanza dos nosos devanceiros.
Na praza da Ferraría, feita de pedra e camelia, centro da cidade, cíclicamente o ár enchíase do galego que daquela non se falaba, por iso a importancia que tivo na convervación do idioma a festa dos Maios de Pontevedra, os máis coñecidos de Galicia pola retranca das coplas.
Nos setenta e escolarizados en castelán, o único que case se publicaba e lía en galego eran as coplas dos Maios, por iso a obriga de protexer a festa, sexa de orixe celta, grega ou romana, xa que todas as culturas celebraban a chegada do bó tempo e o rexurdir da vida vexetal co agromar do campo.
Unha festa chea de colorido e encanto que atrae moita xente pola súa vistosidade cando a praza se convirte nun verxel cheo de flores, cando entre as pedras agroman narcisos e arrecende a rosca dos premios, a morriña, o laranxeiro, a toxo do monte, a carqueixa, a pampillos, a xesta florida, a herba moura e mentrasto. Pechamos os ollos e sentimos voar as bolboretas, as xoaniñas, os vagalumes, alí entre nós tamén están Rosalía, Curros, Pondal, na nosa compaña e calán as campás cando os rillotes espallan a poesía das coplas ó vento cá ilusión de acadar a rosca do premio.
A festa dos Maios de Ourense está declarada de interese turístico por ser Maios artísticos. Pola contra, a nosa Festa dos Maios que son de xeito cónico mioto máis anterga e tradicional non ten nengún tipo de protección.
Sería unha mágoa que unha festa tan fermosa un día esmorecera e xeracións vindeiras non poideran desfrutala como o fixemos nós.
Sería bó que se lle recoñecera algunha protección para que iso non chegue a acontecer e se perda unha festa tan nosa.
Mil primaveras máis para a Festa dos Maios de Pontevedra!
Antón Roel