Tribuna Viva
Pontevedra nunca se rende. Espírito do 84
Era a tempada 83/84, a terceira tempada consecutiva do Pontevedra CF na Terceira División. Tras dous batacazos consecutivos, todo apuntaba a que ese non era, nin moito menos, o ano do ansiado ascenso. Un plantel sen xogadores de renome, un adestrador que a tempada anterior estaba a cargo do filial, e moitos problemas económicos así o facían pensar.
Nos siareiros granates cundía o desánimo, os fracasos dos anos anteriores e o pouco ilusionante do proxeto, fixo que aquela campaña de socios fora bastante mal, e o número de abonados descendera drasticamente.
Por se fora pouco, unha mala pretempada e un nefasto inicio de liga, cunha derrota na primeira xornada no Barco de Valdeorras, fixerom que as críticas fosen constantes, e que a afluencia de público a Pasarón fose moito máis baixa que en anos anteriores. Apenas os siareiros máis fies seguían ao clube alá por onde ia.
Mais as cousas non son como comezan. A equipa foi enderezando o rumbo pouco a pouco, os siareiros respostaron, coma sempre nas grandes citas, Pasarón foi un fortín, e o Pontevedra CF acadou o campionato.
Na eliminatoria polo ascenso nada ía ser doado. Unha derrota contra o Mensajero nas Canarias complicaba o ascenso, mais no partido de volta, có apoio da afición acadaríase a remontada.
A segunda eliminatoria antoxábase máis complicada se cabe, tocara un dos cocos, o Eibar, mais já nada podía parar aos granates. Na ida, un Pasarón ateigado levou em voandas á equipa, e acadouse un 3-0 que deixaba a eliminatoria case sentenciada. Na volta, con numerosísima presenza de siareiros granates en terras bascas, acadouse un 0-0 que facía posíbel o ascenso. O Pontevedra CF estaba na 2ªB.
Esta tempada cúmprense 30 anos daquela histórica xesta, e non son poucos os paralelismos con aquel ano 1984 que nos levaría á 2ªB.
A equipa chega ao momento decisivo dependendo de si mesma para ser campioa, seis xogos (catro de liga e dous de play-off) sepárannos de estar o ano que ven na 2ª B. Debemos recuperar o espírito de aquel máxico ano.
Coma no 84, os siareiros deben unirse e ser os primeiros en tirar do carro, acudindo en masa a Pasarón e aos desprazamentos, coa única intención de levar en voandas aos xogadores granates. Xuntos, afición e xogadores somos imparábeis, coma mostra a historia deste clube en non poucas ocasións. Xuntos conseguirémolo.
PONTEVEDRA NUNCA SE RENDE, ESPÍRITO DO 84!
Furya Granate, siareiros do Pontevedra CF desde 2001.