
Sanxenxo celebra por fin o desfile do Entroido suspendido por dúas veces
Cando a maioría dos mortais estamos a pensar xa nas vacacións de Semana Santa, Sanxenxo resístese a deixar atrás o Entroido. Tras dous intentos falidos, por fin o municipio puido gozar co seu tradicional desfile. Foi na tarde deste sábado e nel, a pesar de estar xa fóra de data, participaron centos de persoas