XVI Open Internacional de taekwondo Cidade de Pontevedra
O XVI Open Internacional de taekwondo Cidade de Pontevedra volveu converter á cidade do Lérez nunha cita obrigada para os amantes deste deporte. Ao redor de 1.300 deportistas de 62 clubs de Galicia, Madrid, Castela e León, País Vasco, Andalucía e Portugal mediron as súas forzas durante toda a fin de semana no Pavillón Municipal dos Deportes, ao que se achegaron, como é habitual, centos de afeccionados
© Diego Torrado