Voluntarios de Vaipolorío retiran 350 quilos de lixo do río Gafos
Nova xornada de limpeza do río Gafos organizada por Vaipolorío. Un grupo de voluntarios percorreron a canle do río para retirar os materiais arroxados nas últimas semanas. En total, segundo Gonzalo Sancho, portavoz deste colectivo, retiráronse uns 350 quilos de lixo, entre eles chama a atención a aparición de cintas de video, botellas ou ata unha figura dun anxo