Os 'Contos de Titiritrapo' sorprenden gratamente os escolares de Pontevedra
Non só heroes, princesas ou nenos en busca de aventuras poboan os contos tradicionais de Perrault, Grimm e demais narradores clásicos. Neles tamén habitan os animais máis insospeitados. Eles son, precisamente, os protagonistas da obra Cuentos de titiritrapo, o espectáculo que Afundación ofrece esta semana a máis de 3.200 escolares procedentes de medio centenar de colexios da bisbarra de Pontevedra
© Mónica Patxot