Ciudadanos presentarase ás eleccións en Pontevedra
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O partido Ciudadanos (C's) acaba de anunciar que concorrerá ás eleccións municipais do mes de maio en Pontevedra.
A súa coordinadora e voceira, María Rey, anunciou a candidatura a través dun comunicado no que sinala que recibiu a aprobación do Consello Nacional de Ciudadanos para presentarse aos comicios do 24 M.
Coñecida a cabeza de cartel, queda por diante a elaboración de toda a candidatura. Ao respecto, a coordinadora local do partido declarou que a configuración das listas se realizará durante as próximas semanas mediante un proceso interno de eleccións primarias.
María Rey apostou por "unha administración local máis transparente e participativa que estea ao servizo de todos os veciños e non duns poucos" e esa participación empezará no seo da súa propia formación política co proceso de primarias.
Por un erro de interpretación, este xornal publicou inicialmente que María Rey será a alcaldable, pero Ciudadanos quere matizar que aínda non está decidido.
Relacionadas:
-
"Pase o que pase o 24 de maio, Ciudadanos chegou a Pontevedra para quedarse"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
María Rey, candidata de Ciudadanos en Pontevedra: "Uno o dos concejales sería un resultado fantástico"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
María Rey (Ciudadanos) critica as "prisas" no novo contrato das piscinas de Campolongo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Ciudadanos de Pontevedra reúne aos seus afiliados: "é importante escoitar e dar voz"
Por Redacción |
-
Primeira toma de contacto entre o PP e Ciudadanos de Pontevedra para "estreitar lazos"
Por Oskar Viéitez |