María Rey (Ciudadanos) critica as "prisas" no novo contrato das piscinas de Campolongo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
"Las prisas por el tema de las elecciones nunca son buenas". Con esta frase valorou María Rey, coordinadora de Ciudadanos (C's) en Pontevedra, o proceso polo que o Concello se viu obrigado a separar a adxudicación da xestión das piscinas de Campolongo do proxecto do centro lúdico-deportivo da Parda e a paralizar este último.
María Rey criticou esas "présas" este mércores durante un encontro con presidentes de media ducia de asociacións deportivas de Pontevedra, aos que citou para explicar o programa deportivo de Ciudadanos xa analizar cuestións como o estado das instalacións da cidade. Transmitiulles que "el deporte tiene que ser para todos", de modo que o seu partido propón que as subvencións que se outorguen aos clubs "estén en régimen de igualdad para todos".
Propoñen ademais que o Concello se faga cargo das licenzas e a equipación dos nenos de familias en risco de exclusión social e que se "potencien" as instalacións deportivas, sobre todo aquelas nas que se practican deportes minoritarios, pois hai algunhas "que todavía no existen en la ciudad".
Rey tamén considera necesario que se abaraten os custos do uso das instalacións deportivas. Parte da premisa de que "el deporte es fundamental para la educación" e considera que abaratando custos as instalacións terían máis clientes.
Segundo indicou María Rey, a lista completa de Ciudadanos de cara ás eleccións do 24 de maio está aínda en proceso de aprobación, pero calcúlase que esta semana a central do partido en Barcelona lles dará a súa resolución e a partir de aí empezarán a traballar. O programa electoral xa o teñen rematado dende o mes de marzo.
MAREA PONTEVEDRA
Tamén unha representación de Marea Pontevedra, composta polo candidato á alcaldía, Luís Rei, e os tamén candidatos Guillermo Casalderrey e David Carballal, reuniuse co comité de empresa das Piscinas de Campolongo.
Os representantes da Marea pídenlle ao goberno municipal que non tome ningunha decisión ao respecto no tempo que lle queda en funcións, xa que hipotecaría á corporación que deberá gobernar o concello tras as eleccións do mes vindeiro. A súa idea é un "plan de rescate da concesión" das piscinas que inclúa o mantemento do emprego e un proxecto (con orzamentos equilibrados e previsión de retorno dos investimentos) para a renovación dunhas instalacións que actualmente quedaron obsoletas.
Relacionadas:
-
O PP propón melloras para o novo prego das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
María Rey, candidata de Ciudadanos en Pontevedra: "Uno o dos concejales sería un resultado fantástico"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Moreira promete equiparar as condicións laborais das piscinas de Campolongo coas do IMD
Por Alejandro Espiño |
-
Ciudadanos respalda que ENCE siga na Ría se cumpre con todos os parámetros ambientais
Por Redacción |
-
Ciudadanos presentarase ás eleccións en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada