María Rey, candidata de Ciudadanos en Pontevedra: "Uno o dos concejales sería un resultado fantástico"
Pontevedra será unha das cidades galegas nas que Ciudadanos, o partido de Albert Rivera, se presentará ás eleccións municipais de maio. Xa se sabía que a empresaria María Rey ía ser a súa candidata á Alcaldía, pero este luns o partido presentou a lista de vinte e cinco persoas coa que buscarán contribuír a un "cambio" para Pontevedra desde el "centro-izquierda".
Nun almorzo informativo ante os medios, María Rey explicou que o principal obxectivo da súa formación é "que la gente nos conozca, que nos escuche y que sea consciente de que el voto pueda cambiar las cosas". Indicou que achegan "normalidad sin cinismos" ao panorama político municipal e que loitarán por que Pontevedra sexa "la ciudad que los pontevedreses quieren que sean, una ciudad abierta, dinámica y, fundamentalmente, que empiece a generar empleo".
Tras reiterar que "somos un partido de propuestas y no de protesta", a candidata adiantou que o programa de Ciudadanos xirará en torno, entre outras cuestións, á "necesaria" rexeneración democrática das institucións, ao fomento da economía e o emprego e a mellorar a calidade de vida dos pontevedreses.
Neste sentido, María Rey avanzou que "abogamos por la industria, por unos servicios sociales competentes, por tener un ayuntamiento abierto y absolutamente transparente, por contar con portavoces en las parroquias que traigan la voz de vecinos, por el saneamiento de la ría, por traer la feria al centro como motor económico y, sobre todo, por escuchar todo lo que los ciudadanos tienen que decir".
Ademais, explicou que "no creemos en un modelo de ciudad, creemos en una calidad de vida" e por iso asegura que "una ciudad cómoda no significa solo poder ir andando a todos los lados". De aí que propoña, por exemplo, impulsar un PXOM con máis chan industrial e máis estacionamentos, mellorar os horarios de carga e descarga, aplicar a lei aos lombos "que son un coñazo" ou crear unha ampla rede de carril bici.
Sobre ENCE, María Rey reiterou que "no nos gusta donde está" e que a ría de Pontevedra non é o lugar máis axeitado para a súa actividade, pero insistiu en que "hay que apoyar a empresas que cumplen con la ley medioambiental y generan empleo".
Para elaborar o seu programa electoral, a candidata de Ciudadanos desvelou que contou co asesoramento do exalcalde José Rivas Fontán "que nos ayudó en todo este proceso". El foi, dixo María Rey, "la primera persona con la que hablé" cando decidiu dar o paso á fronte e presentarse ás eleccións. "Nos nutrimos de su experiencia", explicou a empresaria, pero sempre baixo a premisa de que non iría na lista "básicamente, porque él no quiere".
Con respecto aos resultados que esperan, María Rey recoñeceu que "empezamos con cero, por lo tanto cualquier resultado que podamos conseguir será bienvenido". Aínda así, afirmou que "uno o dos concejales sería un resultado fantástico".
CANDIDATURA DE CIUDADANOS
Segundo explicou María Rey, a candidatura de Ciudadanos en Pontevedra compona "gente trabajadora, con ganas y con ilusión". A diferenza doutros municipios, trátase de persoas "sin mochila" -en referencia a que non veñen doutras formacións como UPyD ou o PP-, a pesar de que se trata dun partido "de puertas abiertas a todo el mundo". Entre eles, dixo, prima o bo ambiente e o compañeirismo, xa que "no hai puñaladas ni egocentrismo".
O número 2 da lista 'laranxa' será José Rivadulla Lage, empresario e directivo do ACD A Seca. A continuación figuran o empresario Ricardo Alfonso Rodríguez Bogo (3), a funcionaria Lucia Maneiro Santamaría (4), a licenciada en Comunicación Audiovisual Davinia Marí (5), a funcionaria do Sergas Matilde Isabel Rodríguez (6), o empresario David Díaz Garrido (7), o funcionario Odilo Mosquera Carballo (8) ou a perito calígrafo Eva María Sobrino Castiñeiras (9).
A candidatura complétase con Christian Ramírez Ferro (10), Cintia Solla Besada (11), Andrés López Santomé (12), Anxo Graña Díez (13), José Ramón Figueroa Boullosa (14), María Montserrat Cuña Carrera (15), Luis Miguel Lamas Pérez (16), David Matías Izquierdo Ojea (17), María Teresa Guadalupe Justo Arizaga (18), Pedro Miguel López Clemente (19), Sara Quinteiro Fernández (20), José Manuel Bretal Cancela (21), Diana Otero Mascato (22), Rubén Magariños Moure (23), María Pilar Ruano Fernández (24) e Miguel Ángel Castro Carrasco (25).
Relacionadas:
-
"Pase o que pase o 24 de maio, Ciudadanos chegou a Pontevedra para quedarse"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A candidata por Ciudadanos, María Rey, mantén unha xuntanza con emprendedores e autónomos
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira: "Me he avergonzado por el caso de Rato"
Por Natalia Puga |
-
María Rey (Ciudadanos) critica as "prisas" no novo contrato das piscinas de Campolongo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Ciudadanos respalda que ENCE siga na Ría se cumpre con todos os parámetros ambientais
Por Redacción |
-
Ciudadanos presentarase ás eleccións en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada