A aposta deportiva do PSdeG inclúe a construción dunha canle de piragüismo de augas bravas
Por Redacción
A construción dunha nova canle de piragüismo de augas bravas, infraestrutura a que carece Galicia a pesar da súa potencia no este deporte, é un dos compromisos que recolle o programa electoral de José Ramón Gómez Besteiro como candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia.
Así o destacou este domingo, nunha visita ao encoro de Pontillón do Castro en Verducido, a número tres a a lista electoral socialista por Pontevedra, Paloma Castro.
"A creación desta pista autonómica sería un foco de atracción e desenvolvemento da modalidade olímpica de piragüismo con máis crecemento en Galicia durante os últimos anos", sinalou sobre unha infraestrutura planificada pola Xunta no río Lérez ao seu paso por Bora pero paralizada polo informe desfavorable de Augas de Galicia.
"Supoñería un importantísimo impulso económico, pola chegada de padexeiros de diversas partes do mundo para adestrar nas nosas augas; e tamén deportivo, tanto polo que significaría o goce destas instalacións como polo feito de acoller en Galicia a piragüistas foráneos de primeiro nivel", defendeu a representante do PSOE acompañada pola tamén candidata Lina Garrido e polos concelleiros pontevedreses Yoya Blanco e Marcos Rey.
Para Castro "resulta incomprensible que Galicia careza de canles fluviais para practicar slálom, a pesar das inmensas posibilidades que ofrece o noso contorno natural", defendeu.
A socialista criticou desde Verducido que "a política deportiva da Xunta de Feijóo e de Rueda foi raquítica no que alcanza á creación e mantemento de infraestruturas deportivas", afirmando que "foi o esforzo municipal e provincial o que permitiu contar con equipamentos para uso de cidadáns e clubs afeccionados e mesmo profesionais".
No que respecta ao programa do PSdeG, afirmou que o modelo deportivo que Besteiro impulsará como presidente da Xunta inclúe "a necesidade dun deporte para todos e todas", redefinindo os programas de promoción do deporte escolar, apoiando de maneira decidida as actividades dirixidas á práctica deportiva das persoas maiores, así como apostando polos deportes minoritarios e promovendo o deporte adaptado e inclusivo.
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman unha Xunta de Galicia que teña a igualdade como "columna vertebral"
Por Redacción |
-
Un lenzo en branco para encher "de visión progresista e de amor" a cultura e a lingua galega
Por Redacción |
-
Os socialistas propoñen "facer realidade" o proxecto do 'porto seco' de Leborei
Por Redacción |
-
Besteiro comprométese a buscar un acordo con empresarios e sindicatos para xerar 100.000 postos de traballo
Por Diego Espiño |
-
Gómez Besteiro inicia xunto a Pedro Sánchez "a semana da remontada do PSdeG-PSOE"
Por Marisa Ciordia |
-
Besteiro se apoya en Salvador Illa en su mitin central en Pontevedra para contagiar "a ilusión por cambiar"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Besteiro quere impulsar o "despegue definitivo" da innovación e a tecnoloxía en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
"No da igual quien gobierne", di a ministra de Seguridade Social, porque o PSOE "atiende a quien más lo necesita"
Por Redacción |