Besteiro apóiase en Salvador Illa no seu mitin central en Pontevedra para contaxiar "a ilusión por cambiar"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
O Club Naval de Pontevedra foi escenario este venres do mitin central do PSdeG-PSOE na cidade para as eleccións autonómicas do próximo domingo 18 de febreiro.
O candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, apoiouse en Pontevedra no ex-ministro de Sanidade e actual líder do PSC, Salvador Illa, ao que puxo como exemplo para contaxiar "a ilusión por cambiar"
Besteiro ofreceu desde a Boa Vila "máis emprego, máis prosperidade, mellores salarios e máis dereitos" fronte ao modelo de "15 anos de apatía, de lento decrecer" que representa Alfonso Rueda. "España medra mentres Galicia mira, esa é a sensación destes últimos 15 anos con ese tándem Feijóo-Rueda, porque Rueda formou parte desde goberno como vicepresidente", defendeu.
"Pontevedra é a provincia que menos investimento recibe por habitante por parte da Xunta", afirmou o candidato.
Entre os asuntos pendentes de acometer o candidato do PSOE citou a rexeneración do Lérez, o dragaxe da ría, a falta de vivenda pública ou a falta de chan industrial e de infraestruturas, e puxo como exemplo do seu programa a demandada gratuidade da AP-9. "Como presidente da Xunta de Galicia eu vou a traer a gratuidade", prometeu.
José Ramón Gómez Besteiro pediu ademais a confianza dos votantes para acabar con recortes como o desmantelamento da sanidade pública.
Por último sinalou que "unha vez que se constitúa o Parlamento de Galciia, me comprometo a que se reúna a comisión negociadora de transferencias entre o Estado e Xunta de Galicia" para tratar la situación del litoral.
Gómez Besteiro estivo secundado no Club Naval, ademais de por Salvador Illa, pola número tres da candidatura en Pontevedra, Paloma Castro, polo voceiro local, Iván Puentes, polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e pola ex-presidenta provincial Carmela Silva.
Relacionadas:
-
Rescatar a sanidade pública e acurtar as esperas, o "gran acordo de país" que propón Besteiro
Por Alejandro Espiño |
-
Besteiro comprométese a buscar un acordo con empresarios e sindicatos para xerar 100.000 postos de traballo
Por Diego Espiño |
-
A aposta deportiva do PSdeG inclúe a construción dunha canle de piragüismo de augas bravas
Por Redacción |
-
Gómez Besteiro inicia xunto a Pedro Sánchez "a semana da remontada do PSdeG-PSOE"
Por Marisa Ciordia |
-
Besteiro quere impulsar o "despegue definitivo" da innovación e a tecnoloxía en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
"No da igual quien gobierne", di a ministra de Seguridade Social, porque o PSOE "atiende a quien más lo necesita"
Por Redacción |
-
Deporte e natureza, a combinación de Besteiro como motor do turismo sostible en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Vivenda pública "suficiente e asequible", o compromiso de Besteiro coa xente moza
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas divulgan a súa receita para "sacar á sanidade galega da UCI"
Por Redacción |