O Poio Pescamar sentenza no primeiro tempo o derbi ante o Ourense Envialia (2-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Semana tras semana o Poio Pescamar vai recuperando as sensacións que a tempada pasada fixéronlle pelexar polo título de liga e fixo da Seca de novo un fortín para facerse cos tres puntos no derbi ante o Ourense Envialia.
Non había dúbidas de que o equipo conserveiro ía ir a por o triunfo, deleitando ao seu público cun arranque de partido moi prometedor que se poñía ao seu favor aos tres minutos de xogo. Laura Uña, despois dunha boa xogada individual índose dos seus opoñentes pola banda, finalizou de forma perfecta para subir o 1-0 ao marcador.
Entrou Sara Moreno para dar profundidade ao xogo do Envialia e protagonizou unha serie de accións de perigo, pero entre Sandra Buzón e o poste lograron evitar o gol visitante.
Mentres tanto, o Poio Pescamar seguía en busca dun segundo tanto que lles dese certa tranquilidade e avisaba por medio de Laura Uña e Rocío Gómez. Aos 12 minutos tentábao Ale de Paz cun disparo de falta que se estrelaba no traveseiro e cando se alcanzaba o cuarto de hora de xogo, Saki puxo máis terra polo medio tras un pase da morte de Martita desde o á esquerda.
Despois do paso polos vestiarios e co 2-0 no marcador, o cadro vermello xa empezaba a xogar máis cómodo, realizando bos repregamentos e evitando as accións de perigo na súa área.
Pero a falta de 9:42 por diante, as de López-Tulla cargábanse coa quinta falta e o técnico parou o tempo. Rocío Gómez, despois da charla, avisou cunha boa volea que parou a gardameta visitante, e tres minutos despois fixo o propio Ale de Paz, pero o seu disparo non viu os tres paus.
Quedaban 5 minutos por disputarse, Laura Uña sumábase aos lanzamentos á madeira e Iria Saeta entraba como porteira xogadora por parte do Ourense Envialia e así atacar en superioridade numérica e tentar recortar diferenzas.
Con todo, era o Poio o que tivo as ocasións máis claras na recta final e puido sentenciar primeiro por medio de Uña e case sobre a bucina Sandra Buzón, que por pouco non viu porta.
Desta forma, o equipo vermello suma un novo triunfo que lle permite escalar posicións na clasificación e seguir recuperando aos poucos as sensacións da tempada pasada.
Poio Pescamar (2): Sandra Buzón; Laura Uña, Ale de Paz, Martita e Rocío (quinteto inicial). Tamén xogaron, Elena Aragón, Carla Ayensa, Irene García, Saki e Lara Balseiro.
Ourense Envialia (0): Sara Soares; Chiky, Clara Fernández, Sara Moreno e Ana Rivera (quinteto inicial). Tamén xogaron, Raquelilla, Vero, Iria Saeta, Ame Cobelas e Zaide.
A Seca. Colexiados, Rubén Ferrero Carballal e Tania María Penabad Canel. Recibiron tarxeta amarela David Lázaro e Lara Balseiro no Poio Pescamar e Zaide, Ana Rivera e Sara Moreno no Ourense Ontime.
Goles: 1-0, min. 4 Laura Uña. 2-0, min. 15 Saki.
Relacionadas:
-
Remontada no último minuto do Poio Pescamar sobre o Atlético Torcal (3-1)
Por Redacción |
-
Desafíos opostos para Marín Futsal e Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar contra o Roldán nun partido para a historia (4-4)
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal, a recuperarse da eliminación na Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Burela deixa o Poio Pescamar sen fase final da Copa da Raíña (4-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar abrirá A Seca para seguir os oitavos de final de Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Marín Futsal visita o Alcorcón e derbi na Seca entre Poio Pescamar e Ourense Envialia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar rompe a imbatibilidade do Arcorcón (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sorteadas as semifinais da Copa Galicia, cun novo duelo entre Poio Pescamar e Burela
Por Redacción |
-
Burela-Poio e Marín-Les Corts nos oitavos de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
Duro correctivo do Viaxes Amarelle ao Poio Pescamar (6-1)
Por Almu Dapena |