O Poio Pescamar rompe a imbatibilidade do Arcorcón (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Poio Pescamar tiña este sábado un complicado enfrontamento. Recibía na Seca nin máis nin menos que ao líder da categoría, un Alcorcón que aínda non sabía o que era perder esta tempada.
Pero aí estaba o equipo vermello, apoiado por unha fiel afección que alentou ao equipo cando máis o necesitaba e acompañalo ata un importante triunfo.
Non houbo un claro dominador nos primeiros instantes de encontro, as perdas sucedíanse para ambas as escuadras pero ningún equipo era capaz de abrir a lata.
A primeira intervención de Sandra Buzón foi no minuto 7 despois dun roubo de balón do Alcorcón e o seu posterior contragolpe, pero a gardameta conserveira adiviñou o disparo de Aida de Miguel e desviou a saque de banda.
E na seguinte xogada chegou a ocasión máis clara para o Poio Pescamar. Xogada de estratexia e envío en longo de Elena Aragón á banda esquerda, Carla Ayensa cedeu de espuela a Ale de Paz, pero o seu remate de cabeza deu na madeira e paseouse pola liña de gol.
Estaba cómodo o equipo local e non tardou en chegar o premio. Sacou de porta Sandra Buzón, en dous pases o esférico chegou a Laura Uña, que se virou sobre si misa e xutou cruzado para adiantar ao seu equipo no minuto 10 de xogo.
Tentou despois do gol o conxunto oleiro devolver a igualdade, pero o equipo vermello estaba a ser moi superior na presión e enseguida recuperaba o esférico. Ademais, baixo paus o seu gardameta estaba moi atenta e detiña cada posible intento do Alcorcón.
Pero a falta de 5 minutos para a conclusión do primeiro tempo, o Poio devolveu o golpe nun abrir e pechar de ollos. Envío en longo Sandra Buzón e Saki, que debutaba na Seca, enchufó o coiro na rede para subir o 2-0 co que se alcanzou o intermedio.
Antes do descanso Ale de Paz tivo o terceiro tanto nun man a man con Estela, pero a porteira salvou ás súas cunha providencial intervención.
Despois do paso polos vestiarios o cadro madrileño era outro e tivo nada nada máis comezar a segunda parte a oportunidade de recortar distancias. Estela viu en longo a Vane Sotelo, pero o seu disparo foise desviado.
Co paso dos minutos o equipo de López-Tulla buscou a sentenza que non chegaba, primeiro cunha boa xogada entre Irene e Carla Ayensa, e despois cun saque de banda que deu nunha defensora e Estela apareceu de novo para salvar os mobles ao seu equipo.
O dominio do Poio Pescamar estaba a ser claro e ao final viuse reflectido no luminoso tras unha transición desde campo propio e que finalizou a recentemente fichada Carla Ayensa facendo o 3-0.
Quedaban sete minutos de partido e o técnico madrileño optou polo xogo de cinco para xerar superioridade en ataque, e con moita calma e despois dunha longa posesión, Vane Sotelo disparou desde o bordo da área e anotou o 3-1 co que se chegou ao final do duelo.
Pero antes de que se chegase ao bocinazo final o Alcorcón dispuxo dun penalti por man de Irene, que se tirou dentro da área para tapar un pase, pero Elena adiviñou o lanzamento de Guti e o marcador non se moveu.
Relacionadas:
-
Remontada no último minuto do Poio Pescamar sobre o Atlético Torcal (3-1)
Por Redacción |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar contra o Roldán nun partido para a historia (4-4)
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal, a recuperarse da eliminación na Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Burela deixa o Poio Pescamar sen fase final da Copa da Raíña (4-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar abrirá A Seca para seguir os oitavos de final de Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar sentenza no primeiro tempo o derbi ante o Ourense Envialia (2-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Marín Futsal visita o Alcorcón e derbi na Seca entre Poio Pescamar e Ourense Envialia
Por Redacción |
-
A solvencia defensiva, un reto para o Marín Futsal en Murcia, e proba de nivel para o Poio Pescamar recibindo o líder Alcorcón
Por Redacción |
-
Sorteadas as semifinais da Copa Galicia, cun novo duelo entre Poio Pescamar e Burela
Por Redacción |
-
Novo reforzo para o Poio Pescamar, que incorpora á pivote Carla Ayensa
Por Redacción |
-
Burela-Poio e Marín-Les Corts nos oitavos de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
Duro correctivo do Viaxes Amarelle ao Poio Pescamar (6-1)
Por Almu Dapena |