Á procura de entradas escondidas para ver o Poio Pescamar
Por Redacción
O Poio Pescamar quere despegar definitivamente esta tempada, e para animar á asistencia de afeccionados ao pavillón da Seca propuxo un divertido xogo aos seus seguidores.
O club conserveiro esconderá para o encontro do próximo sábado (18.30 horas) fronte ao Rayo Majadahonda unha entrada dobre nalgún lugar do municipio ou dos arredores.
Trátase dunha iniciativa que se pretende repetir nas próximas xornadas.
As normas son sinxelas. Cada martes publicarase unha pista nas redes sociais da entidade sobre o paradoiro das invitacións, e quen as atope deberá gravar un vídeo recollendo o botín, ser seguidor do Poio Pescamar en redes sociais e mercionar ao club no momento de compartir o seu vídeo.
Desta forma poderase asistir en directo ao segundo encontro na casa da tempada, na que as vermellas buscarán dar continuidade ao triunfo en Móstoles da pasada fin de semana.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar cumpre en Murcia e avanza a oitavos de final de Copa (0-3)
Por Redacción |
-
A xaponesa Yotsui Saki, nova xogadora do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal, a pola segunda vitoria para deixar atrás o mal inicio de liga
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar afasta ás pantasmas do inicio de liga e supera o invicto Móstoles (1-3)
Por Redacción |
-
Segunda derrota consecutiva dun Poio Pescamar que non puido co debutante Les Corts (1-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal coñecen os seus emparellamentos para a segunda rolda da Copa da Raíña
Por Redacción |