A xaponesa Yotsui Saki, nova xogadora do Poio Pescamar
Por Redacción
Despois de moito buscar, o Poio Pescamar atopou ao fin o reforzo que pretendía tras a lesión na pretempada de Anna Escribano.
Trátase da internacional xaponesa Yotsui Saki, ala de 27 anos e que se converte no cuarto reforzo do curso nas filas conserveiras.
Será a segunda experiencia europea da futbolista nipoa, que o pasado mes de marzo aterrou en Burela tras seis tempadas no Bardral Urayasu do seu país, equipo co que se proclamou campioa de liga en dúas ocasións.
Saki xa se exercitou este martes coas súas novas compañeiras e está previsto que poida debutar co Poio Pescamar no próximo partido de liga, coa visita o domingo á cancha do Viaxes Amarelle.
Relacionadas:
-
Novo reforzo para o Poio Pescamar, que incorpora á pivote Carla Ayensa
Por Redacción |
-
Duro correctivo do Viaxes Amarelle ao Poio Pescamar (6-1)
Por Almu Dapena |
-
Silvia Aguete regresa a Marín co Torreblanca Melilla e saída 'alcanzable' para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cumpre en Murcia e avanza a oitavos de final de Copa (0-3)
Por Redacción |
-
Novo triunfo do Poio Pescamar para gañar confianza (3-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Á procura de entradas escondidas para ver o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar afasta ás pantasmas do inicio de liga e supera o invicto Móstoles (1-3)
Por Redacción |