Décimo título de campión galego de cross curto para a Gimnástica
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica segue sendo o absoluto dominador do cross curto en Galicia despois do campionato autonómico celebrado o pasado fin de semana no concello lucense de Friol.
A entidade pontevedresa subiuse aos máis alto do podio en categoría masculina por décima vez dende o ano 2002, no que a Federación Galega creou esta competición de 4.000 metros de lonxitude.
Rubén Diz, segundo, Javi Paredes, cuarto, Robertas Geralavicius, quinto e Iván Docampo, sexto, certificaron o título para a Gimnástica por diante do Celta de Vigo.
Ademais dos catro atletas que lograron puntuar, Rafa Fuentes e Ramón Serantes finalizaron no undécimo e décimo terceiro lugar.
Con este resultado a escuadra lerezana clasifícase para o Campionato de España, onde o obxectivo será subir ao podio final e onde a Gimnástica poderá contar ademais con Víctor Riobó, ausente da proba galega ao encontrase na primeira xornada da División de Honra de clubs.
Ademais en Friol o equipo xuvenil rozou o caixón ao concluír en cuarto lugar a só un punto do terceiro calsificado.