O Marín Futsal estrélase ante o recentemente ascendido Torcal (2-1)
Por Redacción
A estrea ligueira fóra de casa non foi como esperaba o Marín Futsal, que foi incapaz de superar ao recentemente ascendido Atlético Torcal.
Querían ambos os equipos conseguir o seu primeiros tres puntos para a súa marcadora e esquecerse das derrotas da primeira xornada de liga na que as de Málaga encaixaron unha dura goleada por 7-1 ante o Futsal Alcantarilla e as marinenses por 1-3 contra o Roldán.
En canto ao partido deste sábado, tardou en chegar o gol e só África, no minuto 14 de xogo, lograba inclinar a balanza a favor do cadro local.
Co 1-0 chegouse ao descanso e as de Ramiro Díaz tentaron a igualada, que chegou alcanzada a media hora de xogo por medio da portuguesa Débora Lavrador.
Entrou o encontro nos últimos instantes. O técnico marinense optou polo xogo de cinco en busca do segundo tanto, deixou a portería baleira e o Torcal tentou marcar tras un roubo de balón. Con todo, Ana Cunha, un dos reforzos de verán do Marín Futsal, suxeitou á xogadora contraria sen intención de xogar o esférico e evitando unha ocasión manifesta de gol, viu tarxeta vermella e o cadro local aproveitouno para noquear por completo ao seu rival e tranformar por medio de Eva González o 2-1 co que se alcanzou o bocinazo final.
ATLÉTICO TORCAL (2): Valeria Gálvez, Cristina Sánchez, Eva González, Iuliia Forsiuj e Kseniia Hrytsenko. Tamén xogaron Paula Escobar, África Lozano, Alejandra Rochel, Chikage Kichibayashi, Ana Nuria Gómez, Raquel Barea e Sara Martínez.
MARÍN FUTSAL (1): Arruti, Carolina Bravo, Carolina Oliveira, Ana Cunha e Mayara. Tamén xogaron María Estévez, Adriana García, Débora, Café, Ana Rosado, Lysa Gómez e Inés Mayán.
Goles: 1-0, min 14, África. 1-1, min. 29, Débora Lavrador. 2-1, min. 38, Eva González.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 disputado no Polideportivo Guadaljaire. O cadro arbitral amoestou a Kseniia Hrytsenko, Eva González e a Víctor Quintero, do Torcal, e a Carolina Pedreira e Carolina Bravo no Marín Futsal. Viu tarxeta vermella Ana Cunha.
Relacionadas:
-
Gañar a domicilio segue sendo tarefa pendente para o Marín Futsal (3-0)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal, a pola segunda vitoria para deixar atrás o mal inicio de liga
Por Redacción |
-
Goleada do Marín Futsal o Leganés para recuperar sensacións (5-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal coñecen os seus emparellamentos para a segunda rolda da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Derrota na Raña dun renovado Marín que non puido co Roldán (1-3)
Por Redacción |
-
Campaña de socios e fichaxes nun Marín Futsal que xa mira á súa estrea en liga
Por Redacción |
-
Todos os partidos do Poio Pescamar e Marín Futsal poderán verse na plataforma FEF TV
Por Redacción |