Sergio Moreira despídese do Pontevedra despois de 12 anos: "Espero que a porta desta casa (que é a miña) sempre quede aberta"
Por Diego Espiño
Nova saída no Pontevedra Club de Fútbol, esta vez na parte técnica e dun home da casa.
Sergio Moreira anunciou este xoves o seu adeus ao club granate despois de 12 anos de traballo en diferentes postos do staff técnico. Moreira comezou esta última camnpaña como segundo adestrador do primeiro equipo, ata que Toni Otero tomou a decisión de prescindir del e relegalo a outras funcións cando asumiu o banco de Pasarón.
"Gustaríame agradecer a todas esas persoas, que son moitas, as que fixeron posible un dos meus soños: chegar ao equipo da miña cidade e do que fun seguidor desde que teño uso de razón. O que este club formase parte do meu día a día na miña vida foi, é e será sempre un soño cumprido", explicou Moreira nun comunicado difundido a través das súas redes sociais.
O preparador non escapa de "asumir responsabilidade en cada unha das decisións tomadas durante esta tempada ou as anteriores e que non axudasen para que este gran club alcanzase as metas que buscabamos", pero prefire quedar cos "todos os grandes e máxicos momentos que vivín neste club, como o ascenso a Primeira RFEF, o ascenso tamén do filial a Preferente , o título coseguido na Copa Deputación, ou os logros cos equipos cadete e xuvenil.
Sergio Moreira agradece ademais no seu comunicado á presidenta Lupe Murillo "por depositar sempre a confianza en min desde o primeiro momento", e tamén "a todos eses xogadores aos que tiven o pracer de adestrar".
Por último o adestrador pontevedrés conclúe afirmando que "desde hoxe serei un seguidor máis" e esperando "que a porta desta casa (que é a miña) sempre quede aberta".
GRACIAS @PontevedraCFSAD pic.twitter.com/JdLaDBqRaI
— Sergio Moreira (@ser_more) June 8, 2023
Relacionadas:
-
Yago Iglesias, presentado como adestrador do Pontevedra: "A miña intención é estar moitos anos no club"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Yago Iglesias, confirmado como novo adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A elección do novo adestrador granate, unha decisión inminente
Por Diego Espiño |
-
A voltas, un ano máis, coa distribución dos grupos de Segunda RFEF
Por Diego Espiño |
-
Contar co filial na Terceira RFEF, unha arma para o Pontevedra na súa planificación deportiva
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra orfo de director deportivo pero dando pasos no seu novo proxecto
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF na que militará o Pontevedra xa ten aos seus 90 equipos confirmados
Por Diego Espiño |
-
Miguel Román: "Agora mesmo quero crecer e o meu futuro non está no Pontevedra"
Por Diego Espiño |
-
As opcións do Pontevedra para recuperar a Iñaki Martínez e Santi Figueroa caducaron no mercado invernal
Por Diego Espiño |
-
Jon Bakero rescinde o contrato que lle unía unha tempada máis co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pasarón despídese da Primeira RFEF cunha asistencia media de 2.500 espectadores en liga
Por Diego Espiño |
-
Álex Masogo, primeiro adeus oficial no Pontevedra: "Foi unha honra poder defender este escudo"
Por Diego Espiño |
-
Semana de liquidación e despedidas no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Primeira medida da era Toni: o segundo adestrador, Sergio Moreira, apartado
Por Manu Otero |