Haberá invasión de afección deportivista en Pasarón: 2.000 entradas e subindo

Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón tinguirase o vindeiro sábado 27 de maio (19.30 horas) de branquiazul cos afeccionados do Real Club Deportivo, que se desprazarán en masa para apoiar ao seu equipo na última xornada de liga da Primeira RFEF.
Cun Pontevedra xa descendido, a afluencia local no estadio granate non se espera elevada, pero si o será a visitante a teor do ritmo na venda de entradas habilitada polo club.
Todo iso a pesar de que o Deportivo chegará á Boa Vila sen opcións xa de ascenso directo, e co único obxectivo de conseguir a terceira posición que lle de vantaxe de campo na primeira eliminatoria do play-off.
Segundo confirmaron desde o Pontevedra, este luns eran xa 2.000 as entradas que se despacharon entre afeccionados coruñeses.
Deses boletos 900 correspóndense co paquete inicial, a un prezo reducido de 15 euros, enviado ao Deportivo e que se corresponden ao Fondo Sur do estadio. O resto ata chegar aos dous milleiros vendéronse nas diferentes zonas do campo a través da venda en liña.
A venda de entradas seguirá activa ata o vindeiro sábado, día do partido, a un prezo único para adultos e menores de idade de 30 euros para a bancada de Tribuna, 25 euros para Preferencia e 20 euros para ambos os fondos.
Relacionadas:
-
Empate dun digno Pontevedra fronte ao Depor no día do adeus de Charles (1-1)
Por Diego Espiño |
-
Juan Señor quere unha vitoria contra o Deportivo "e irnos coa sensación da cabeza alta"
Por Almu Dapena |
-
Ex compañeiros de Charles e veteranos do Celta mediranse nun partido homenaxe ao dianteiro brasileiro
Por Diego Espiño |
-
Alta demanda de entradas na Coruña para a última xornada ligueira en Pasarón
Por Redacción |
-
O Pontevedra publica o prezo das entradas para o último partido de liga fronte ao Deportivo: a máis barata, a 20 euros
Por Diego Espiño |