Actuación de oficio da Federación Galega polos comentarios machistas no partido da liga infantil entre Villalonga e CFB Poio
Por Diego Espiño
O Comité de Competición e Disciplina da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) entrou de oficio no caso denunciado polo Vilalonga no que aseguraba que o adestrador do CFB Poio infantil dirixira comentarios machistas sobre a porteira do seu equipo, de só 13 anos.
Desde o Vilalonga defenden que o técnico, que tras coñecerse os feitos presentou a súa dimisión, realizou un comentario en relación á gardameta rival nos termos "está solteira, por onde lla queres meter".
O club celeste puxo os feito en coñecemento de Competición, e o organismo federativo decidiu abrir un proceso de instrución de información reservada para solicitar datos sobre os sucedido aos clubs implicados e ao colexiado do encontro, que non fixo referencia na súa acta.
Trátase do paso previo a unha apertura dun expediente disciplinario no caso de consideralo necesario.
A Federación solicita por unha banda ao Vilalonga que "concrete os feitos denunciados que aconteceron no partido e os supostos comentarios cara á porteira do equipo por parte do adestrador do equipo contrario", mentres que ao árbitro do partido ínstalle a emitir un "informe ampliatorio en relación aos feitos denunciados e en especial á negatividad de non incluílos na acta arbitral a pesar de ser solicitado polo delegado do club Vilalonga F.C.", sinala o documento emitido polo Comité de Competición e Disciplina.
Ademais diríxese ao CFB Poio para que "formule as alegacións que ao seu dereito conviñeren". Todo iso nun prazo máximo de 10 días hábiles.
Relacionadas:
-
Comunicado conxunto dos clubs, o adestrador de liga infantil acusado dun comentario machista e os pais da nena afectada
Por Diego Espiño |
-
Dimite o adestrador do CFB Poio infantil acusado de comentarios machistas para "parar as falacias e inxurias"
Por Diego Espiño |
-
Denuncian os comentarios machistas dun adestrador de infantís no Villalonga-CFB Poio: "Está solteira, por onde a queres meter"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada