O Monte Porreiro pecha a liga con vitoria contra o Alzira
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro pechou este venres a tempada cunha clara vitoria na súa visita ao Alzira. Os pontevedreses derrotaron ao equipo valenciano por 4-0 para selar unha cuarta posición en liga que lle abre a porta para participar o curso que vén en competicións europeas.
Os de Nando Álvarez iniciaron o encontro co triunfo de Bentancur seguido da vitoria de Vïlchez, Galvano e novamente Vílchez para terminar a tempada unha nova vitoria que deixa un ben sabor de boca ao equipo pontevedrés pero intranscendente para a súa posición en liga, que xa tiña o cuarto posto e a súa praza para competición europea asegurados.
Dos catro xogos disputados nesta última xornada, o máis igualado foi o primeiro que se decantou ao lado de Bentancur por 2-3 no quinto e definitivo enfrontamento. Vílchez, pola súa banda, gañou o segundo e cuarto duelo pola vía rápida, no primeiro sen conceder nin un só punto ao seu rival. Mentres que o terceiro enfrontamento adxudicoullo Galvano por tres xogos a un.
Coa liga finalizada, o TM Monte Porreira pecha unha nova campaña na máxima categoría do tenis de mesa nacional en cuarta posición con 25 puntos, cunha cómoda vantaxe de tres puntos sobre o quinto e sexto e, ao mesmo tempo, moi lonxe do podio da clasificación, composto polo Asisa Borges, Arteal Santiago e Real Cajasur, gañador da competición.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro deixa o seu selo no Torneo Internacional Cidade de Porto
Por Redacción |
-
Brillante papel dos canteiráns do TM Monte Porreiro no Top 8 Nacional
Por Redacción |
-
O L'Escala rompe a serie de oito partidos sen perder do TM Monte Porreiro (4-1)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro supera o invicto Priego e sela a súa clasificación europea (4-1)
Por Redacción |