O Poio Pescamar sentenza o Leganés e colócase a un punto do liderado (0-6)
Por Redacción
O Poio Pescamar goleou este sábado ao Leganés por 0-6 nunha tarde redonda, posto que o líder Navalcarnero empatou ante o Burela e permite ao conxunto conserveiro colocarse a tan só un punto do liderado.
Non tardou en chegar o primeiro tanto do duelo para as pupilas de López Tulla, que superaron o primeiro achegamento do Lega por medio de Patri Bláquez para, aos catro minutos de xogo, iniciar a goleada. E así, tras un saque de esquina botado por Laura Uña, Martita disparou de lonxe para facer o 0-1.
Tentou reaccionar o cadro pepinero, pero as vermellas estaban cómodas sobre a cancha e dominaban en todas as facetas do xogo para, tras outra boa combinación, ampliar a renda cun gol de Chiesa tras pase de Laura Uña.
Chegaba o Leganés a portería de Martita pero era incapaz de aproveitar para recortar distancias, mentres Laura Uña pasaba de asistente a goleadora para roubar en primeira liña e facer o 0-3 co que se alcanzou o descanso.
Optou polo xogo de cinco o cadro local con Patri Montilla nada máis saír dos vestiarios e gozou de varias ocasións por medio de Puche e Patri Bláquez no seu intento de recortar diferenzas.
Con todo, foi Elena Aragón a que, a centro de chute de Rocío, fixo o 0-4. Desde cancha propia Elena anotou o 0-5 e Chiesa, nos últimos minutos, sentenciou asinando o 0-6 definitivo tras un roubo de balón na presión.
LEGANÉS (0): Miriam; Guti, Isa García, Patri e Puche (quinteto inicial). Tamén xogaron, Noe, Patry, Chuli, Molano e Alba Casado.
POIO PESCAMAR (6): Elena, Luci, Laura Uña, Irene García e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Rocío, Elena Aragón, Martita, Chiesa e Dupuy.
Goles: 0-1, min. 4 Martita. 0-2, min. 11 Chiesa. 0-3, min. 18 Laura Uña. 0-4, min. 34 Elena Aragón. 0-5, min. 36 Elena. 0-6, min. 38 Chiesa
Incidencias: La Fortuna. Colexiados, Noelia Gutiérrez Muñoz e Jorge Moreno Durán.
Relacionadas:
-
Traballado e meritorio triunfo do Poio Pescamar en Roldán para seguir na caza do líder (1-3)
Por Ramiro Espiño |
-
A Selección Española Sub-15 convoca a Lía Ayestarán do Poio Pescamar e Sara Couso de La Peña
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un peleón Poio Pescamar leva o derbi contra o Ourense Envialia (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Ourense Envialia visita un Poio Pescamar metido de cheo na persecución polo liderado
Por Redacción |
-
Promoción especial do Poio Pescamar para encher A Seca nos últimos partidos de liga
-
Solvente triunfo do Poio Pescamar fronte a Sala Zaragoza (6-0), para seguir ao ronsel do líder
Por Cristina Saiz & Ramiro Espiño |
-
A vermella Marta Peñalver estará oito meses de baixa por unha grave lesión de xeonllo
Por Redacción |
-
Mensaxe reivindicativa das campioas de Europa: "Temos que facer o dobre para que nos dean a metade"
Por Manu Otero |
-
Un Poio Pescamar de récord golea o Majadahonda (1-4)
Por Redacción |
-
Repartición de puntos na reestrea da Seca entre Poio Pescamar e Alcorcón (1-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |