Sufrido triunfo do Poio Pescamar ante un combativo Móstoles (3-4)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Sufrido triunfo o conseguido polo Poio Pescamar este sábado ante un combativo Móstoles que acariñou o empate. Marta Peñalver foi a protagonista do encontro anotando os catro goles do conxunto conserveiro.
Adiantouse moi pronto o cadro visitantes cun gol de Marta Peñalvel de disparo cruzado aos tres minutos de xogo.
O alto ritmo marcaba o xogo, cos dous equipos intercambiando chegadas perigosas a ambas as porterías e parecía que pronto chegaría o segundo tanto. E chegou aos oito minutos por medio de Peñalver, que anotaba o 0-2 para o Poio superando por baixo a Silvia.
Aos dez de xogo, Celia de forte disparo desde fóra da área recortaba distancias e daba paso aos mellores minutos do Móstoles, nos que puido complicar as cousas ás visitantes, que aguantaron a arrancada rival para manter a vantaxe ao chegar ao descanso.
Despois do descanso, as madrileñas igualaban o partido cun gol de Forsiuk de vaselina, obrigando ao Poio a reaccionar #ante esa remontada.
Volvía tomar as rendas o cadro conserveiro e anotaba o terceiro con Marta Peñalver, que remataba de cabeza un saque de esquina e obrigaba ao Móstoles a optar polo xogo de cinco cando quedaban tres minutos para o final.
Igualaba a contenda Inma de disparo cruzado e esta vez eran as de López-Tulla as que saían con xogo de cinco para conseguir a vitoria. E así, cun remate de Marta Peñalver ao segundo pau cando o tempo esgotábase, o Poio Pescamar facíase con tres puntos máis que alongan a súa boa serie.
MÓSTOLES (3): Silvia; Celia, Inma, Benete e Rafinha (cinco inicial). Tamén xogaron, Hyrtvsenko, Forsiuk e Montufo.
POIO PESCAMAR (4) Elena; Irene, Rocío Gómez, Marta Peñalver e Laura Uña (quinteto inicial). Tamén xogaron, martita, Lucia, Ana Escribano e Elena Aragón.
Goles: 0-1, min. 3 Marta Peñalver. 0-2, min. 8 Marta Peñalver. 1-2,min. 10 Celia. 2-2, min. 26 Forsiuk. 2-3, min. 32 Marta Peñalver. 3-3, min. 38 Inma. 3-4, min. 38 Marta Peñalver
Incidencias: Villafontana. Colexiados, Del Olmo Martínez e Fernández Cárdenas. Amoestaron a Forsiuk e a Luís Ostoloza no Móstoles e a Marta Peñalver no Poio
Relacionadas:
-
Remontada e triunfo do Poio Pescamar sobre o Teldeportivo (3-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Repartición de puntos entre Alcantarilla e un Poio Pescamar incapaz de asaltar o liderado (2-2)
Por Redacción |
-
Reválida para o Poio Pescamar no seu asalto ao liderado, visita complicada para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Burela deixa o Poio Pescamar fóra da final da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar rescata un empate no derbi contra o Amarelle (2-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar promete espectáculo e entradas gratuítas á súa afección para celebrar o entroido
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai escala en Móstoles na súa persecución ao líder e A Raña acolle un derbi entre Marín e Ourense
Por Manu Otero |
-
Dez anos en Primeira e o Poio Pescamar xa senta na mesa dos grandes
Por Manu Otero |
-
Cinco xogadoras do Poio Pescamar disputarán o dobre amigable internacional entre España e Arxentina
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar comeza a segunda volta con vitoria ante o Joventut d'Elx (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar regala un empate ante o Burela nos instantes finais (3-3)
Por Redacción |