Charles, tras o seu record goleador co Pontevedra: "Oxalá teñamos un mozo da canteira batendo esa cifra"
Por Diego Espiño
Que sente ao colocarse como máximo goleador histórico dunha entidade como o Pontevedra Club de Fútbol? Só Charles Dias de Oliveira pode responder a iso tras conseguir o pasado domingo a súa diana 84 entre as dúas principais competicións nacionais (Liga e Copa do Rei).
"As sensacións son moi boas por conseguir esta marca, pero tamén por axudar o equipo a conseguir unha vitoria que nos facía moita falta", responde con humildade o brasileiro e intentando afastarse dos focos.
Moitos goles e de todas as cores ao longo de 9 tempadas (nas súas dúas etapas no club), pero con cal queda? Pois "con algún en Segunda División e tamén do ano pasado. Igual o de Ceares, cando iamos empatados e marquei ao final", lembra sobre un gol que achegou o ascenso directo á Primeira RFEF.
Coa súa nova marca Charles supera un canteirán granate como Pablo Couto, que contaba con 83 goles e que segue sendo o xogador con máis partidos oficiais ás súas costas no club. Quizais por iso ve posible que alguén chegue a bater a cifra e para iso mira cara a casa. "Creo que temos moi bos xóvenes na nosa canteira e seguremanete, oxalá, teñamos un mozo da canteira batendo esa cifra e estando moitos anos aquí no club", explica un dos grandes ídolos da afección.
Números aparte, o 18 do Pontevedra mira agora cara ao futuro do equipo tras conseguir unha primeira vitoria a domicilio que "necesitabamos", tanto que "oxalá sexa un punto de inflexión para nós para seguir crecendo como equipo e para conseguir unha boa serie de vitorias agora".
Palabras dun xogador que é xa parte da historia do Pontevedra Club de Fútbol.
Relacionadas:
-
O Racing de Ferrol rompe a imbatibilidade do Pontevedra en Pasarón (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Antonio pide un un esforzo á afección do Pontevedra: "Non hai escusa para non achegarse a Pasarón"
Por Diego Espiño |
-
A afección do Racing de Ferrol prepara o seu desembarco en Pontevedra
Por Redacción |
-
Preocupación no Pontevedra pola lesión de Ángel Bastos no primeiro adestramento da semana
Por Diego Espiño |
-
Charles e un gol que pasa directo á historia do Pontevedra Club de Fútbol
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "Hoxe estivemos ben, levamos o balón por fóra e os balóns que metemos foron correctos"
Por Redacción |
-
O Pontevedra vence e convence en Ceuta para facerse coa súa primeira vitoria a domicilio en liga (1-2)
Por Almu Dapena |