Charles e un gol que pasa directo á historia do Pontevedra Club de Fútbol
Por Diego Espiño
Levaba apenas 90 segundos sobre o terreo de xogo cando, na súa primeira aparición, aproveitaba un gran servizo de Brais Abelenda ao segundo pau para mandar o balón á gaiola e empatar momentaneamente o partido para o Pontevedra. Un gol importante para a vitoria que despois chegaría pero moito máis para Charles, e é que con el pasa directamente aos libros de historia do club.
Goooooool no Alfonso Murube!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 27, 2022
47' @ADCeuta_FC 1-1 @PontevedraCFSAD
Empata o máximo goleador granate, @Charlesbrau9
Lembra que podes ver o partido en directo na G2 e no enlace de G24 https://t.co/orzHrjNuOk pic.twitter.com/Qrcm8Awsk9
O ariete brasileiro había tempo que era o máximo goleador histórico da entidade, contando cos goles conseguidos en Copa Federación, pero con este tanto conseguiu superar a Pablo Couto como máximo goleador granate en encontros oficiais das dúas principais competicións, a Liga e a Copa do Rey.
Era o gol 84 de Charles coa camiseta granate entre as súas dúas etapas, polos 83 que conseguiu Couto ao longo de 10 tempadas. Unha efeméride celebrada polo propio Pontevedra.
CHARLES DÍAS DE OLIVEIRA
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) November 27, 2022
Co gol de hoxe, Charles Días de Oliveira colócase como MÁXIMO GOLEADOR DA HISTORIA DO PONTEVEDRA CF con 84 goles
Supera con este gol ao histórico Pablo Couto, segundo máximo goleador con 83 goles entre liga e copa
@chanoandion pic.twitter.com/sFrttrwvfQ
Máis aló deste fito, o dianteiro granate gañou con suor inscribir o seu nome con letras de ouro e brillantes nas estatísticas da entidade da Boa Vila, á que chegou con 20 anos na campaña 2004/2005 en Segunda División para permanecer seis tempadas, facer as maletas para gozar da elite do fútbol español en Primeira e Segunda División antes de volver ao que foi o seu primeiro equipo en España no ocaso da súa carreira futbolística. Desde a súa volta son xa tres os cursos defendendo a 'granate', nos que anotou 27 goles destacando o seu 'pichichi' a tempada pasada en Segunda RFEF (19 tantos).
Por diante xa só queda converterse no futbolista do Pontevedra con máis partidos ás súas costas, privilexio que aínda mantén Pablo Couto con 304 encontros. Nesta lista Charles é xa o sexto con máis aparicións en Liga e Copa con 261, tendo na súa mira xa a todo un mito granate como Eduardo Dapena Lis 'Cholo', capitán do Hai que Roelo (267 partidos). Completan os postos de honra Mauro García Juncal (280 encontros), Pablo Vázquez (288) e Calleja (302). Palabras maiores.
Relacionadas:
-
O Racing de Ferrol rompe a imbatibilidade do Pontevedra en Pasarón (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Antonio pide un un esforzo á afección do Pontevedra: "Non hai escusa para non achegarse a Pasarón"
Por Diego Espiño |
-
A afección do Racing de Ferrol prepara o seu desembarco en Pontevedra
Por Redacción |
-
Preocupación no Pontevedra pola lesión de Ángel Bastos no primeiro adestramento da semana
Por Diego Espiño |
-
Charles, tras o seu record goleador co Pontevedra: "Oxalá teñamos un mozo da canteira batendo esa cifra"
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "Hoxe estivemos ben, levamos o balón por fóra e os balóns que metemos foron correctos"
Por Redacción |
-
O Pontevedra vence e convence en Ceuta para facerse coa súa primeira vitoria a domicilio en liga (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Charles, un goleador de 'categoría'
Por Diego Espiño |