'Xuntanza á galega' como aperitivo á festa do balonmán entre Cisne e Barcelona
Por Cristina Saiz
O Club Cisne Balonmano, con motivo da visita do Fútbol Club Barcelona ao Pavillón Municipal, celebrou unha 'Xuntanza á galega' con comida, bebida e actividades antes do encontro e á que asistiron numerosos afeccionados tanto do club branco como do balonmán en xeral.
O cadro pontevedrés quixo facer deste día unha cita inesquecible e especial porque non todos os días uno ten a oportunidade de verse as caras cun xigante como é o Barcelona, cun persoal infestado de internacionais e que gañou as dúas últimas Champions.
Relacionadas:
-
O Cisne cambia xoguetes por entradas no seu último partido do ano na Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Festa no Pavillón Municipal coa visita do Barcelona ao Cisne (25-43)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Que os seus xogadores e afeccionados "gocen", obxectivo do Cisne na visita dun Barcelona "de lenda"
Por Diego Espiño |