O Cisne cambia xoguetes por entradas no seu último partido do ano na Liga Asobal
Por Diego Espiño
Última xornada do ano e da primeira volta para o Club Cisne Balonmán na Liga Asobal, que este sábado 10 de decembro (16.00 horas) recibirá no Pavillón Municipal dos Deportes ao actual sétimo clasificado da competición, o Balonmano Logroño La Rioja.
"É un equipo que todos os anos pelexa polas posicións europeas, un plantel que cambiou nos ultimos anos pero fichou quizais a algún dos mellores talentos novos deste país" analiza o cisneísta Quiños acordándose especialmente do pontevedrés Álvaro Preciado.
O Logroño "está a facer unha tempada irregular, perdeu con Sinfín ou empatado con Guadalajara pero tamén gañou con solvencia na cancha de Ademar ou Bidasoa", polo que o obxectivo do equipo será tentar puntuar para chegar ao parón con algo de distancia sobre os postos de descenso.
En todo caso "espero un partido complicado, teremos que esforzarnos moito en defensa e tentar cometer poucos erros en ataque. Será un partido para traballar, para competir, que vai ter moito ritmo, e esperemos que para acabar o ano cunha alegría", conclúe o representante do corpo técnico do Cisne.
ENTRADAS POR XOGUETES
Coincidindo con esta xornada da Liga Asobal, o Club Cisne poñerá en marcha unha campaña de recollida solidaria de xoguetes en beneficio da Asociación Boa Vida.
Como incentivo para participar, sinala a entidade deportiva, toda persoa que achegue un xoguete en bo estado terá a entrada de balde ao encontro.
Relacionadas:
-
Cruz para o Cisne, que puido obrar unha remontada heroica no último segundo (32-33)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Kilian Ramírez, o heroe dun Cisne que quedou a un palmo do triunfo en Guadalaxara (24-24)
Por Almu Dapena |
-
Festa no Pavillón Municipal coa visita do Barcelona ao Cisne (25-43)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
'Xuntanza á galega' como aperitivo á festa do balonmán entre Cisne e Barcelona
Por Cristina Saiz |
-
Alejandro Conde, apercibido polo Comité de Competición por desconsideración aos árbitros
Por Diego Espiño |