O Team Farto inicia os trámites para renovar a súa licenza UCI Continental
Por Redacción
O ciclismo pontevedrés terá representación por terceira tempada consecutiva na segunda división mundial do ciclismo feminino grazas ao Team Farto - BTC.
A escuadra da Boa Vila iniciou formalmente os trámites de inscrición como equipo UCI Continental europeo pagando táxaa pertinente de 6.500 euros.
Con este paso iníciase o proceso tras semanas de dúbidas polo endurecemento das condicións económicas por parte da federación que obrigará a aumentar o orzamento, aínda que a normativa entrará finalmente en vigor en 2024, un ano máis tarde do anunciado inicialmente.
"Temos acordados os mínimos para saír en 2023, pero seguimos en conversacións con importantes empresas de Galicia e de fóra para sumar patrocinios", explica o mánager do Farto, Brais Dacal, recoñecendo que "botamos en falta apoios do sector privado. Necesitamos ese fol que nos axude a aumentar o orzamento e asentarnos na categoría".
O equipo pontevedrés valora positivamente o paso á fronte dado esta tempada, conseguindo a única vitoria internacional dun equipo continental español da man da chipriota Antri Christoforou na Classique Morbihan, na Bretaña francesa.
"Os resultados deportivos déronnos prestixio a nivel internacional e agora hai empresas que nos contactan directamente para patrocinarnos. Pero aínda buscamos ese patrocinador principal aquí que nos permita investir en infraestrutura e en mellores condicións para as ciclistas, que o están dando todo", afirma o director da formación.
Segundo lembra o Farto, con actuacións como esa chegaron a situarse na posición 24 na clasificación mundial por equipos este ano, terminando finalmente o 43º.
No que respecta ao aspecto económico e cun orzamento que roldará os 200.000 euros, a Unión Ciclista Internacional (UCI) dará un paso en 2025 cara á profesionalización do ciclismo feminino coa creación dunha división intermedia entre o World Tour e Continental. Para entón, o Farto-BTC deberá dar o salto cun orzamento mínimo de 500.000 euros anuais. Todo un reto.
Relacionadas:
-
O Farto completa a primeira proba dunha tempada na que aspiran a ser protagonistas
Por Redacción |
-
Veronika Jandová e Agata Flis, dobre fichaxe internacional para o Farto-BTC
Por Redacción |
-
Primeiras renovacións nun Farto-BTC que dobra a súa estrutura feminina para 2023
Por Redacción |
-
O Gran Premio Cidade de Pontevedra mantense no calendario da Copa de España Féminas para 2023
Por Redacción |
-
Dobre fichaxe internacional para reforzar o plantel do Farto
Por Redacción |
-
O Farto saborea o seu mellor momento: "Estamos a achegarnos ao obxectivo de estar entre os 30 mellores do mundo en 2022"
Por Redacción |
-
O Team Farto consolídase no circuito UCI cun sexto posto na Vuelta a Andalucía
Por Redacción |