Primeiras renovacións nun Farto-BTC que dobra a súa estrutura feminina para 2023
Por Redacción
O Farto-BTC púxose ao choio para planificar a que será a súa terceira tempada como equipo de categoría UCI Continental Feminina.
A escuadra ciclista pontevedresa ha confirmado este luns as súas primeiras renovacións e tamén importantes novidades, como a decisión de dobrar a súa estrutura feminina cun filial de categoría sub-23 que participará no calendario nacional e no portugués.
O equipo filial nacional existía dentro da estrutura do Farto, pero estaba destindado a deportistas que compaxinaban o ciclismo co tríatlon, e en 2023 este equipo estará orientado ao completo no ciclismo de estrada.
No que respecta á planificación o Farto anunciou ás súas primeiras dez ciclistas para a tempada 2023, catro delas correspondentes a renovacións para a estrutura UCI. Trátase da mexicana Ariadna Gutiérrez, a letona Lina Svarinska, a surafricana Azulde Britz e a galega Claudia García.
Tamén continuarán Sabela Rey e Marga Capellà, aínda que pasarán do primeiro equipo á formación Sub-23. Ademais o filial contará coa marinense Sonia Domínguez, procedente do equipo júnior do Farto, coa inglesa Elspeth Storrar, Carmen Mallo (coruñesa que procede do Cambre-Caeiro junior) e Mirian Trigo (cambadesa que procede do Betanzos).
En canto ás fichaxes, o Farto afirma ter pechadas catro incorporacións que serán anunciadas en próximas datas, co obxectivo de contar no seu plantel UCI cunha decena de cooredoras.
A que non continuará o próximo curso é a estrutura masculina, que tras catro tempadas deixará de existir para poder centrar todos os esforzos económicos aos proxectos femininos e de base.
Relacionadas:
-
O Farto completa a primeira proba dunha tempada na que aspiran a ser protagonistas
Por Redacción |
-
Veronika Jandová e Agata Flis, dobre fichaxe internacional para o Farto-BTC
Por Redacción |
-
O Gran Premio Cidade de Pontevedra mantense no calendario da Copa de España Féminas para 2023
Por Redacción |
-
O Team Farto inicia os trámites para renovar a súa licenza UCI Continental
Por Redacción |
-
Dobre fichaxe internacional para reforzar o plantel do Farto
Por Redacción |