O Waterpolo Pontevedra escápaselle a vitoria nos últimos minutos (9-10)
O debut ante a súa afección non saíu do todo ben para o Club Waterpolo Pontevedra, que caeu nos últimos minutos contra o CNC Alcorcón por 9-10 tras un partido do todo igualado.
As instalacións da Escola Naval de Marín acolleron o ansiado partido para o cadro pontevedrés que, tras estrearse con boas sensacións na anterior xornada a pesar de caer con claridade, esperaba conseguir a súa primeira vitoria en liga nacional.
E foi gañando o Waterpolo Pontevedra en todo momento, chegando mesmo a conseguir unha diferenza de dous goles que moi pronto neutralizaron as madrileñas para ir ao descanso 7-6.
Despois do intermedio, o partido púxose moi de fronte para as locais, que aproveitaron as expulsións de Ana de Lope e Alba Martín-Buitrago para ampliar a renda e conseguir a maior vantaxe de toda a tarde (9-6).
O triunfo estaba no bote para as de Pontevedra, ou iso parecía, pero aínda quedaba por disputarse o intenso e decisivo último cuarto. Apertou os dentes o Alcorcón e mantivo a portería a cero en todo momento, ademais impuxo unha marcha máis aproveitando o cansazo das de Kike García para, en menos dun minuto, sentenciar o duelo e asinar o 9-10 final.
Consulta as estatísticas do partido na seguinte ligazón
Partido de Primeira División Feminina entre Waterpolo Pontevedra e CNC Alcorcón
Segundo partido de Primeira División Feminina entre Waterpolo Pontevedra e CNC Alcorcón na Escola Naval de Marín
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Os cadetes Mario Touriño e Mario Paz, do Waterpolo Pontevedra, citados pola RFEN
Por Redacción |
-
Histórica vitoria do Waterpolo Pontevedra á conta do Mallorca
Por Redacción |
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra ante un dos favoritos ao ascenso, o UE Horta
Por Redacción |
-
A piscina da Escola Naval, refuxio do Waterpolo Pontevedra para os seus primeiros partidos en categoría nacional
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra debuta en Primeira Nacional con derrota ante un superior Real Canoe (18-8)
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra debutará en Liga Nacional contra un 'coco': o Simalga Real Canoe NC
Por Redacción |