Lupe Murillo: "As contas tras a pandemia rompen o ciclo de superávit que trae este Consello de Administración"
Por Diego Espiño
A presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, despois dun tempo sen comparecer ante os medios de comunicación, repasou este xoves a actualidade granate nunha entrevista publicada no portal oficial da entidade.
Nela Murillo recoñece, entre outras cuestións, que "as contas tras a pandemia, evidentemente, rompen o ciclo de superávit que trae este Consello de Administración desde que chegamos no ano da quebra económica no 2014. Os números da tempada pechada e da anterior, a de sen público pola pandemia, lanzan un pequeno déficit, pero en todo caso serán xustificados na próxima Asemblea diante dos nosos accionistas", asegura en relación a unha Xunta Xeral de Accionistas que non se celebra desde abril do ano 2021 e que está previsto convocar en próximas datas.
Lupe Murillo: "Temos que manter a categoría sen renunciar a nada"
A dirixente granate pon nome por primeira vez desde o club ao obxectivo marcado para a presente tempada na Primeira RFEF. "Temos que manter a categoría sen renunciar a nada. O plan do Pontevedra CF ten que ser de futuro e de estabilidade a longo prazo, sen límites, pero cos pés no chan", asegura.
Entre outras cuestións, a preguntas do xornalista Xabier Fortes, Lupe Murillo xustifica por que deixou pasar o tempo antes de comparecer publicamente despois do ascenso de categoría. "Ás veces un ten que deixar pasar a euforia para poder ver as cousas de forma máis pausada. Aprendín no ascenso anterior, que a xente identifica como artífices do éxito os xogadores e os técnicos, polo que foron eles os que falaron cando finalizou a tempada, era o seu momento. Eu son accesible, escoito a socios, afeccionados, empregados, pais ou xornalistas que queran falar comigo. Débome a eles, e non deixei de atender a ninguén que o pediu", defende a presidente do Consello de Administración do Pontevedra.
A baixa asistencia de público ao Estadio Municipal de Pasarón é outro aspecto que non escapa desta entrevista, recoñecendo Murillo que "temos moito que traballar neste campo, moito, e non valen as escusas", aínda que sempre tendo en conta o contexto actual e que "cando o Pontevedra CF necesita da cidade, a cidade responde. Non fai moito, no último partido de liga en Pasarón na tempada que finalizou, 9.000 persoas acompañaron o equipo cara ao ascenso. Pontevedra sempre responde", explicou a máxima responsable da entidade granate nunha entrevista na que tamén responde a outros aspectos máis persoais da súa etapa á fronte do club.
Relacionadas:
-
O accionariado granate dá poder ao Consello para iniciar a ampliación de capital, á que Pescamar acudirá
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra expón aos seus accionistas unha ampliación de capital
Por Diego Espiño |
-
A xunta do Pontevedra CF cárgase a Jose Luis Tilve, un dos tres conselleiros díscolos
Por Manu Otero |
-
A Xunta de Accionistas do Pontevedra abordará a sentenza xudicial que anula o nomeamento de Lupe Murillo como Conselleira Delegada
Por Diego Espiño |
-
Convocada para o 20 de decembro a Xunta de Accionistas do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Agónico triunfo e homenaxe a Neme en Pasarón (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Antonio Fernández: "Presión non, pero queremos buscar unha vitoria que nos de tranquilidade para seguir traballando"
Por Diego Espiño |
-
Domingo 13 en horario matinal, data proposta polo Manresa para medirse ao Pontevedra na Copa do Rei
Por Almu Dapena |
-
Lupe Murillo pon voz ao sentir do Pontevedra pola perda de Neme: "Deixou pegada nesta cidade"
Por Diego Espiño |
-
A xunta de accionistas coas contas do ano da reestruturación, un asunto pendente para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo pide "un pouco máis" ás institucións para que o Pontevedra siga crecendo
Por Manu Otero |
-
Lupe Murillo: "Creo que nos mereciamos estar en Primeira RFEF, xa o ano pasado"
Por Diego Espiño |