O Arxil cómese ao Granada (109-65)
Por Redacción & Cristina Saiz
É raro ver este tipo de resultados en Liga Feminina 2, pero este sábado o Club Baloncesto Arxil estivo pletórico diante do aro e endosou 109 puntos a un Granada feble en tarefas defensivas pero que sacou as súas armas e non baixou os brazos.
O partido púxose de fronte para o equipo adestrado por Mayte Méndez xa desde o inicio, con Nerea Liste e Glomazic liderando os ataques (31-16).
O Arxil gustábase, saíanlle as cousas e estaba moi cómodo sobre a cancha, deixando practicamente selada a vitoria cando se alcanzou o descanso (56-26).
Só había que manter o resultado, o bo xogo e non baixar os brazos, ademais de seguir igual de efectivas en ataque. A festa estaba servida.
Tras o intermedio todo seguiu igual, e a pesar de que o Granada fixo o seu mellor cuarto en ataque (28-20), as de Pontevedra xa tiñan feitos os deberes e a vitoria no bote (84-46).
Dominaron en practicamente todas as facetas, cun 74% en tiros de dous e un 85% en tiros libres no que participaron todas as xogadoras de Mayte Méndez. Nerea Liste sumou 18 puntos, Margarita Moreira e Trajchevska 16 cada unha, Glomazic 12, Forster 11, Ribeiro 9, Ortiz 7 e Carla Díaz e Fernández 5 cada unha.
En definitiva, coméronse ao Selecta endosando un resultado de 109-65 que enche de moral de fronte ao devir liga.
Consulta as estatísticas do partido na seguinte ligazón
Relacionadas:
-
Vitoria do Arxil sobre o Sevilla para seguir crecendo (58-78)
Por Redacción |
-
O Arxil brilla no segundo cuarto e supera o Barakaldo (77-54)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Derrota do Arxil en Palencia nun duelo adiantado da Liga Feminina 2 (75-62)
Por Redacción |
-
O Arxil desínflase no último cuarto e cae en Cortegada (66-51)
Por Redacción |
-
Boas sensacións do Arxil na súa primeira vitoria ligueira (55-65)
Por Redacción |
-
Derrota dun errático Arxil na cancha do Magectias de Lanzarote (52-46)
Por Redacción |
-
O Arxil inicia o curso con derrota ante o Almería na prórroga (75-77)
Por Redacción |