O Arxil inicia o curso con derrota ante o Almería na prórroga (75-77)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil empezou con derrota a nova tempada en Liga Feminina 2 despois dun partido de auténtico infarto que se decidiu na prórroga. O cadro pontevedrés dominou nos tres primeiros cuartos pero sucumbiu ante un combativo Almería (75-77).
O CGTD de Pontevedra acolleu a primeira xornada de Liga Feminina 2 na que se enfrontaron Arxil e Almería, dous equipos ambiciosos coas ideas claras que demostraron para o que están na competición.
Empezou mandando o Arxil no marcador, cun parcial ao descanso de 40-32 liderado polo poderío en ataque de Forster e Trajchevska. Con todo, as almerienses, lonxe de baixar os brazos, fixeron un case perfecto terceiro cuarto (12-20) que lles permitiu empatar o envite e deixar todo por decidir nos últimos 10 minutos.
Os dous equipos querían o triunfo, pero foron as de Almería as que souberon aproveitar as imprecisións arxilistas para facerse co triunfo na prórroga.
Destacaron no Arxil Heather Forster, con 21 puntos e 27 de valoración; Carolina Ribeiro, con 13 puntos e 20 de valoración, e Nena Trajchevska, con 15 puntos e 10 de valoración.
Consulta as estatísticas do Arxil-Almería