Dúas xogadoras do Waterpolo Pontevedra disputan os Xogos Suramericanos
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra terá un ollo posto en Paraguai, nos Xogos Suramericanos Asunción 2022. As xogadoras do CW Pontevedra Valentina Restrepo e Sara Vanegas foron citadas pola selección de Colombia para disputar este campionato desde o 11 ao 15 de outubro.
As colombianas xogarán o 11 de outubro o primeiro partido fronte a Venezuela na primeira xornada, fronte Paraguai; o 12 de outubro; e Arxentina, o 13. As roldas finais do campionato disputaranse os días 14 e 15 de outubro.
Doutra banda, o Club Waterpolo Pontevedra puxo fin aos partidos de pretemporada a pasada fin de semana coa disputa dun amigable contra o conxunto portugués do Club Aquatico Pacense, un equipo que nuns días disputará a previa da liga Europea de Campións de Waterpolo.
O equipo feminino, que este ano debutará en Primeira Nacional, dá por concluída a pretemporada e atópase xa preparado para debutar en competición oficial dentro de 15 días. Ademais, as xogadoras xa saben que este ano disputarán os seus partidos como locais na piscina da Escola Naval Militar de Marín, institución á que desde o club agradecen a súa colaboración e compromiso.
O pasado 8 de outubro o Club Waterpolo Pontevedra celebrou a súa tradicional presentación de inicio de tempada no edificio administrativo da Xunta de Galicia da rúa María Vitoria Moreno no que participaron 125 deportistas (84 mozos e 41 mozas) de categorías pre-benjamín e benjamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, absoluta masculina e absoluta feminina.
Relacionadas:
-
A piscina da Escola Naval, refuxio do Waterpolo Pontevedra para os seus primeiros partidos en categoría nacional
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra debuta en Primeira Nacional con derrota ante un superior Real Canoe (18-8)
Por Redacción |
-
O waterpolo pontevedrés exporta talento ás categorías nacionais
Por Redacción |
-
Balance positivo do Waterpolo Pontevedra de Primeira Nacional nos seus catro primeiros amigables
Por Redacción |
-
Primeiros test para o Waterpolo Pontevedra na súa posta a punto para a Primeira Nacional
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra debutará en Liga Nacional contra un 'coco': o Simalga Real Canoe NC
Por Redacción |