Accidentado inicio de liga para o Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina
Por Diego Espiño
O Tenis de Mesa Monte Porreiro iniciou a fin de semana unha nova tempada nas ligas nacionais, coa punta de lanza do seu equipo masculino que milita na Superdivisión.
O inicio de liga no seu caso foi un tanto accidentado, aínda que con boas sensacións a pesar dos problemas físicos que afectaron a dous dos seus xogadores.
"Chegamos moi xustos fisicamente", recoñece o adestrador do equipo pontevedrés, Nando Álvarez, tras a visita ao actual subcampión ligueiro, o Arteal compostelán.
O Monte Porreiro esperaba recuperar para a cita ao seu internacional Míguel Ángel Vílchez, superada unha grave lesión de xeonllo, pero "quedamos cos médicos da selección que se tiña algunha molestia non arriscar. Ía todo ben ata que o día do partido notou unhas molestias cando xa se fixo o sorteo e decidimos que non xogase".
Iso fixo ao Monte Porreiro saír a competir cun 2-0 en contra. A pesar diso "démoslles moita guerra", explica o técnico, sobre todo tras o triunfo de Martín Betancor fronte ao portuguñes André Silva en cinco mangas.
"O outro problema que Nico Galvano, que viña dunha pequena lesión no abdutor que lle estaba dando guerra, nunha bóla resentiuse moito e a partir de aí foi complicado", relata Álvarez.
Demasiadas adversidades nunha sóla xornada, que concluíu finalmente con derrota por 4-1 pero con "sensacións súper positivas" para pensar nun bo papel durante a tempada.
A boa noticia da fin de semana deuna o segundo equipo masculino do Monte Porreiro, ao vencer na División de Honra a domicilio ao Vilagarcía Tenis de Mesa (3-4), mentres que a División de Honra Feminina tívose que pospoñer o duelo que debía entrentar ao Visit Pontevedra co recentemente creado TM Pontevedra.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro supera con contundencia o TM Parla (4-0)
Por Redacción |
-
O Monte Porreiro non pode co Borges na terceira xornada da Superdivisión
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo da tempada para o Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión Masculina
Por Redacción |
-
O tenis de mesa pontevedrés fai historia coa disputa do primeiro derbi local na División de Honor
Por Redacción |
-
O Concello inicia co Tenis de Mesa Monte Porreiro "unha recua de recepcións que temos pendentes"
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro conclúe unha tempada histórica con tres platas e tres bronces no Campionato de España
Por Almu Dapena |
-
O TM Monte Porreiro perde ante o Sant Cugat e despídese do ascenso (4-0)
Por Almu Dapena |