Sergio Troitiño, medalla de bronce no Campionato do Mundo Junior de Taekwondo
Por Redacción
O deportista do Mat's de Marín, Sergio Troitiño, colgouse a medalla de bronce no Campionato do Mundo Júnior de Taekwondo que se celebrou durante esta semana na capital de Bulgaria, Sofía.
Troitiño, que encadeara varios triunfos no Campionato de España Júnior, o Open de España e nos Multigames, conseguiu este domingo un título en grao sumo especial e de auténtica honra como é un bronce nun Mundial dentro da categoría +78 quilos.
Era un dos retos do ano e Sergio demostrou as súas ganas de superarse e realizou un grandísimo campionato no que demostrou o traballo realizado durante toda a tempada e en especial durante o último mes.
En Bulgaria, o deportista do club marinense superou ao kazako Bekarys Nurgazy en primeira rolda (10/23 e 5/6), despois ao ucraíno Ilya Lipatov (6/0 e 10/3) e, en terceira rolda, ao uzbeko Javlobek Hakimov (6/3 e 6/16) en dous asaltos que dominou perfectamente logrando así o pase a semifinais. Alí caeu ante o iraniano Abbasi que, finalmente, coroouse campión do mundo júnior tras gañar na gran final ao coreano Lyu, que levou a prata.
O equipo español finalizou a cita mundialista cunha única medalla no peto, o bronce do marinense Sergio Trotiño.
Relacionadas:
-
A Deputación celebra os éxitos de Iván García e Sergio Troitiño
Por Almu Dapena |
-
O Grand Prix de Mánchester, oportunidade para Iván García de achegarse a París 2024
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño proclámase en Letonia campión de Europa júnior de taekwondo
Por Redacción |
-
Un desafío 'mundial' para Sergio Troitiño
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño triunfa en Bulgaria nos Multieuropean Games
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño e Silvia Otero, ouro e prata no Campionato de España Júnior de taekwondo
Por Redacción |