Sergio Troitiño e Silvia Otero, ouro e prata no Campionato de España Júnior de taekwondo
Por Redacción
Galicia logrou a primeira posición na clasificación xeral por equipos do Campionato de España Júnior, que se celebrou este sábado en Xaén.
Os deportistas galegos acadaron 6 ouros con Sergio Troitiño, Noa Romero, Javier Otero, Samuel Meilán, Iago Mallo e Adrián Salanova; 3 pratas con Silvia Otero, Sara Soneira e Helena García; e 3 bronces con Ekaterina Rebón, Carme Santamaría e Inés González.
Destacaron os papeis dos atletas do Mat's de Marín Sergio Troitiño e Silvia Otero, que conseguiron un ouro e unha prata respectivamente na competición.
Troitiño no peso pesado superou primeiro ao madrileño Miguel Ángel Pérez (23-0); na semifinal a Ayonal Hernández (Canarias) por 26-3 e na final a Lucas Vera (Canaria) por 10-1, quedando así en primerira posición.
Otero, pola súa banda conseguiu a medalla de prata en -44 tras non superar na final á catalá Ana López nun axustadísimo combate. Antes, Silvia gañou a Elena Serrano (Andalucía) por 4-11 e á navarra Erkuden Moreno (6-17).
O resto de ouros masculinos foron para Javier Otero (Kae Sport) en -48 quilogramos, Samuel Meilán (Tao) en -59, Adrián Salanova (Maniotas) en -68 e Iago Mallo (Tao) en -78.
Finalmente, as medallas femeninas foron: o ouro galego feminino para Noa Romero, pratas para Helena García (Dobok) e Sara Soneira (BoudSport) en +68 y -55 respectivamente, e o bronce para Ekaterina Rebón (Número Phi) e Carme Santamaría (Natural Sport Ribeira) en -59.
Relacionadas:
-
Sergio Troitiño, medalla de bronce no Campionato do Mundo Junior de Taekwondo
Por Redacción |
-
Un desafío 'mundial' para Sergio Troitiño
Por Redacción |
-
O Open Cidade do Lérez de Taekwondo regresa "con moita forza"
Por Diego Espiño |
-
Sergio Troitiño triunfa en Bulgaria nos Multieuropean Games
Por Redacción |
-
Iván García e Arlet Ortiz seguen coa súa xira internacional sumando dúas medallas de prata en Bélxica
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Iván García vence en Bulgaria o subcampión dos Xogos de Tokyo e sobe ao posto 16 do ranking olímpico
Por Redacción |
-
Tono Campos ou Sara Cortegoso, entre os novos deportistas que alcanzan o recoñecemento de 'alto nivel'
Por Diego Espiño |
-
Club Número Phi, un exemplo para o taekwondo comarcal en pouco máis dun ano de vida
Por Redacción |