Rocío Gómez é a quinta incorporación do Poio Pescamar
Por Redacción
O Poio Pescamar fai oficial a súa quinta fichaxe para a próxima tempada. Trátase de Rocío Gómez, ala de 24 anos procedente do Universidad de Alicante.
A granadina formouse no CD Futsalhendín, CD Zaidin 90 e Selecta Futsal 2009, onde terminou a súa etapa como infantil. Desde a tempada 2012/2013 xoga en categorías nacionais. En segunda división estreouse co Universidade de Granada para despois pasar ao Loja FS e en 2014 recalar no UCAM Murcia FSF.
Permaneceu catro tempadas no conxunto murciano, dondo logrou en 2016 o ascenso a Primeira División. En 2019 asinou co Universidad de Alicante, club no que pasou o últimas tres campañas.
Neste mesmo 2022 foi convocada por primeira vez coa selección española absoluta.
Coa incorporación de Gómez son xa cinco as caras novas do Poio Pescamar: dúas gardametas, dúas ala-pívot e unha ala. Do Burela chegou a porteira Sandra Buzón e Elena Aragón, do Ourense Envialia, Laura Uña; e a porteira Elena González, excompañera de Rocío na UA.
Así mesmo, o equipo conserveiro conta tamén con novo adestrador, Luís López Tilla