O Poio Pescamar ficha o adestrador Luis López-Tulla

Por Redacción
O Poio Pescamar ten novo adestrador. Despois da confirmación da marcha de Manu Cossío, toma a testemuña no banco da Seca Luis López-Tulla, que será o encargado de dirixir o equipo feminino de Primeira División na próxima campaña 2022/23.
O técnico madrileño procede do Levante UD FS, onde permaneceu como segundo adestrador e preparador de porteiros as últimas dúas tempadas.
Aos seus 26 anos, conta con experiencia no Torrejón Sala, no cal se formou nos bancos, así como no Rayo Majadahonda feminino.
Neste conxunto estivo tamén dous cursos, antes de ir a Valencia, exercendo igualmente de segundo adestrador e de preparador de porteiras.
Relacionadas:
-
Luis López-Tulla: "Esperamos estar ahí arriba, tenemos una plantilla muy compensada"
Por Almu Dapena |
-
Rocío Gómez é a quinta incorporación do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar refórzase coa porteira Elena González e a ala-pivot Laura Uña
Por Redacción |
-
Caridad e Lucía Paz deixan baleira a portería do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Manu Cossío non seguirá á fronte do Poio Pescamar
Por Almu Dapena |