Silvia Aguete, Jenny Lores e Luci, citadas á concentración da Selección Española previa ao Europeo
Por Redacción
A Selección Española encara a recta final na preparación da fase final do Campionato de Europa de Fútbol Sala, que se celebrará do 1 ao 3 de xullo na localidade portuguesa de Gondomar.
A seleccionadora nacional, Clàudia Pons, ofreceu este luns a lista oficial da convocatoria previa ao campionato, e nela mantéñense tres xogadoras que foron habituais nos últimos meses.
Trátase da gardameta pontevedresa Silvia Aguete (Marín Futsal), da tamén lerezana Jenny Lores (Ourense Envialia) e de Luci, futbolista do Poio Pescamar.
No caso de Silvia, regresa á lista tras perder a última concentración por mor dunha lesión.
En total son 10 as xogadoras incluídas na convocatoria, que non é a definitiva xa que nos próximos días decidirase o título de liga na Primeira División coa final entre Burela e Atlético Navalcarnero, con varias das habituais xogadoras internacionais aínda en competición.
OFICIAL | @ClaudiaPons8 cita a diez jugadoras para concentrarse del 23 al 26 de junio.
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SeFutbolFem) June 20, 2022
Las convocadas de la @SeFutbolFem Sala se entrenarán en la Ciudad del Fútbol de Las Rozas.
https://t.co/vJcxuI5AFw#SomosFutsal pic.twitter.com/AOVHA7tVgZ
Neste caso a concentración da Selección Española celebrarase entre os días 23 e 26 de xuño.
En canto ao Europeo de Gondomar, España medirase en semifinais do mesmo á selección de Ucraína, completando o cadro na outra semifinais os equipos de Portugal e Hungría.
Relacionadas:
-
Recepción provincial ás campioas de Europa de fútbol sala
Por Redacción |
-
Silvia Aguete e Ale de Paz celebran a segunda Eurocopa de España renovando e fichando polo Marín Futsal
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete, protagonista nos penaltis para dar a España a súa segunda Eurocopa
Por Almu Dapena |
-
Caridad e Lucía Paz deixan baleira a portería do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Silvia Aguete, Jenny Lores e Luci quedan sen Euro pola guerra en Ucraína
Por Redacción |
-
Acento pontevedrés na convocatoria da selección española de fútbol sala feminino
Por Redacción |