Recepción provincial ás campioas de Europa de fútbol sala
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O recente título Europeo conseguido pola Selección Española de fútbol sala foi motivo de homenaxe na Deputación de Pontevedra.
O deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, ofreceu unha recepción oficial ás representantes do deporte pontevedrés na Selección Española, que sumou en Portugal o seu segundo título continental consecutivo, "un éxito moi importante".
"Estas vitorias serven para impulsar o noso deporte, porque o deporte feminino necesita desta visibilidade", destacou no acto a gardameta Silvia Aguete, xogadora do Marín Futsal e protagonista da final ao ser decisiva coa súa actuación nos lanzamentos de penalti.
Tamén Lucía Gómez 'Luci', deportista do Poio Pescamar, recibiu o parabén desexando "poder estar aquí o ano que vén" celebrabndo un novo éxito.
A representación pontevedresa na Selección Española de Fútbol sala completouna o preparador físico Adrián Paz.