Deportivo de la Coruña e Nàstic completan a Primeira RFEF na que debutará o Pontevedra
Por Almu Dapena
A próxima campaña de Primeira RFEF xa está completa cos 40 equipos que a conformarán, polo que o Pontevedra Club de Fútbol xa coñece aos que serán seus rivais.
De feito, aínda que a Federación Española debe confirmar aínda a configuración dos grupos, o conxunto granate sabe que se enfrontará tanto o filial do Celta de Vigo como o Real Club Deportivo e o Racing de Ferrol, que perderon no play-off de ascenso a Segunda División e quedaron sen praza na categoría de prata do fútbol español, polo que estarán presentes no cuadrante noroeste.
Completa a Primeira RFEF o Nàstic, que se xogaba a promoción a Segunda contra un Villarreal B que gañou por 2-0, mentres que o Dépor perdeu por 1-2 contra o Albacete en Riazor tras un partido que puxera de fronte co gol de Mario Soriano.
Independentemente diso, é sabido que o Pontevedra terá que completar moitos quilómetros aínda que como se repartirán os grupos segue no aire. As probabilidades apuntan a que os da Boa Vila, por distancia, compitan contra a Cultural Leonesa, Unionistas de Salamanca e Numancia.
En todo caso, todo dependerá da repartición da categoría. Unha división Norte e outra Sur podería enviar ao Pontevedra ata terras catalás e, en cambio, se se produce entre Oeste e Leste visitaría Andalucía ou Ceuta.
Tras os últimos ascensos, a Primeira RFEF queda configurada polos seguintes equipos:
- Galicia: Pontevedra CF, RC Celta B, Deportivo de la Coruña, Racing de Ferrol.
- Castela-León: Cultural Leonesa, Unionistas de Salamanca, Numancia.
- Madrid: UD San Sebastián de los Reyes, Alcorcón, Fuenlabrada, Real Madrid Castilla, DUX Internacional.
- A Rioxa: SD Logroñés, Calahorra.
- Navarra: Osasuna Promesas.
- País Vasco: Real Unión, Bilbao Athletic, Real Sociedad B, Amorebieta.
- Estremadura: Mérida, Badajoz.
- Andalucía: Córdoba, San Fernando, Algeciras, Balompédica Linense.
- Ceuta: AD Ceuta.
- Murcia: Real Murcia.
- Comunidade Valenciana: Eldense, Alcoyano, La Nucía, Intercity, CD Castellón.
- Baleares: Atlético Baleares.
- Cataluña: FC Barcelona B, Sabadell, UE Cornellà, Gimnàstic de Tarragona.
Relacionadas:
-
Catro duelos inéditos e tres contas pendentes para o Pontevedra na súa estrea na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, unha categoría de 11.565 quilómetros para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Andaluces, estremeños, leoneses, madrileños e o Ceuta, rivais do Pontevedra para a liga de Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
A RFEF quere acabar co sistema de eliminatorias de ascenso en sede única
Por Manu Otero |
-
A RFEF abre a porta para recuperar o sistema de eliminatorias de ascenso a ida e volta
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra, único recentemente ascendido a Primeira RFEF co seu banco en dúbida
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra impón o seu ritmo na planificación deportiva
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, unha categoría chea de esixencias
Por Diego Espiño |
-
Unha Primeira RFEF con poucos desprazamentos próximos para o Pontevedra
Por Diego Espiño |